Alberto Lema: “En doce anos, a nosa provincia perdeu uns 11.000 empregos industriais, unha cifra que empeorará cando se contabilicen os últimos peches”
Propoñemos que o Ministerio de Industria, a Xunta, a Deputación e os axententes sociais colaboren nun Plan de Reactivación Económica para o sector industrial
O grupo provincial da Marea Atlántica defenderá mañá, no Pleno da Deputación, unha moción para denunciar a situación de emerxencia no sector industrial, tanto en Galicia como nas áreas metropolitanas da Coruña e Ferrol, e para reclamar un maior apoio insitucional.
Por iso nosa proposta reclamamos a creación dunha mesa de diálogo institucional co Ministerio de Industria, a Xunta, a Deputación da Coruña e os axentes sociais do sector, para deseñar un Plan de Rectivación Económica nas comarcas da Coruña e Ferrolterra. Agardamos que reciba o apoio maioritario do Pleno.
Tal e como explica o noso voceiro provincial, Alberto Lema, “as comarcas da Coruña e Ferrolterra está a acumular peches de empresas como Endesa, Gamesa, Poligal, Isolux… ás que hai que sumar a incerta situación de Alu Ibérica, a antiga Alcoa, en mans dun grupo empresarial que actúa como un fondo voitre”.
A industria perde peso na economía
“Segundo os datos do INE, no primeiro trimestre de 2008, a provincia da Coruña contaba con 77.000 empregos no sector industrial, que no terceiro trimestre do 2020 se reduciran a 66.200. É dicir, en doce anos a nosa provincia perdeu máis de once mil empregos industriais, un 14% do total, un rexistro que empeorará cando se incorporen os últimos peches”, engade Alberto Lema.
No texto da moción lémbrase que esta situación parte da mal chamada Reconversión Industriais e das políticas privatizadoras de do goberno de Aznar. A man invisible do mercado non mellorou a situación, se non que fixo que “o Valor Engadido Bruto da Industria respecto do total da economía pase do 25.9% en 1980 ao 14% no 2019”.