O Grupo Provincial pedirá o rexeitamento por parte do pleno á aplicación abusiva desta comisións que roldan os 50 euros por semestre
Por outra banda, tamén pedirá maior apoio e colaboración da Consellería de Educación no que respecta aos novos protocolos de limpeza dos centros educativos pola Covid-19, que recaerán sobre os concellos
O grupo provincial da Marea Atlántica levará unha moción ao vindeiro pleno ordinario da Deputación para denunciar a aplicación de comisións abusivas por parte de Abanca que ven cobrando xa dende o pasado mes de xuño, tendo en conta, o pouco apropiado do asunto, máis cando nos atopamos nun contexto de crise galopante por mor da pandemia.
O voceiro provincial, Alberto Lema, instará ao pleno a trasladarlle a Abanca o seu rexeitamento a tales comisións sobre as contas correntes (que se achegan aos 50 euros por semestre). Tamén pedirá o apoio do pleno ás protestas e mobilizacións das persoas usuarias e clientes da entidade que estanse a producir nas rúas dende principios de este mes de xullo. Asemade, solicitará que se lle traslade este acordo á Xunta e ao Parlamento de Galicia.
Máis implicación da Consellería de Educación
Defenderemos, ademais, unha moción impulsada polo Concello de Teo, para reclamar que a Xunta lles traslado aos concellos os recursos necesarios para facerse cargo da limpeza dos centro de educación primaria e das escolas unitarias (Colexios Rurais Agrupados ou CRA), algo que xa fan desde hai tempo, asumindo tarefas que non son da súa competencia.
Por iso non pode entenderse que o goberno galego lles traslade aos concellos novas esixencias de limpeza e desinfección derivadas da pandemia sen achegar os medios para levalas a cabo, tanto materiais como persoais. É por isto que propoñemos que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia abra vías de participación, colaboración e financiamento cos concellos co obxectivo de afondar na imprescindible colaboración institucional que require este momento, así como que a FEGAMP adopte unha posición activa e protagonista na defensa dos intereses das corporacións municipais