Saltar ao contido

Logo de meses de inexplicable demora, é necesario reiniciar a licitación: todas as empresas renunciaron pola crise no prezo do materiais 

Tras reunirnos coas praceiras, pedímoslle ao goberno local que escoite as súa propostas para mellorar as funcionalidades do futuro mercado

A voceira  municipal da Marea Atlántica, María García, e o voceiro provincial, Alberto Lema, visitaron esta semana ás praceiras do mercado de Monte Alto, para escoitar as súas necesidades e trasladarlles información sobre as obras de reforma pendentes nestas instalacións. 

“Esta semana coñecemos que a crise no prezo dos materiais fixo que as catro empresas que se presentaran ao concurso renunciasen a facer as obras, o que obriga a reiniciar a licitación. O malo é que a reforma acumulaba xa sete meses de demora, polo que o contexto actual non serve de escusa”, argumentou María García. 

Na conversa coas praceiras sinalaron, ademais, algunhas melloras que poderían introducirse no proxecto de obra que lles presentou o goberno local. Dado que son as persoas que mellor coñecen o mercado, instamos ao novo concelleiro de Urbanismo a reunirse con elas e aproveitar, en todo caso, o reinicio forzoso da licitación para ter en conta súas demandas. 

Os Orzamentos 2022 teñen en conta o mercado provisional

Lema e García informaron tamén ás praceiras de que o acordo orzamentario entre a Marea Atlántica e o PSOE inclúe os fondos necesarios para instalar un mercado provisional, no que poidan seguir traballando mentres duren as obras. Trátase dunha necesidade evidente, pero que ata o de agora non estaba cuberta.

 

Lamentamos a demora inxustificable na reforma do mercado de Monte Alto