Saltar ao contido

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Cómpre garantir que os fondos públicos cheguen a quen os precisa.

Esiximos que se aclare o papel das entidades que xestionarán as axudas ao comercio e á hostalaría e lamentamos que o modelo escollido non sexa redistributivo. 

As chamadas bolsas de creación exclúen a artistas estranxeiros residentes na cidade, non se axustan á realidade da cultura e impoñen cláusulas abusivas sobre dereitos de autor.

A Marea Atlántica solicitoulle hoxe ao goberno municipal, durante a Comisión de Facenda, que mellore as convocatorias de bonos para o comercio, a hostalería e a cultura, na procura de garantías de que os fondos públicos chegan ás empresas locais que realmente os precisan. Tanto estas iniciativas como as denominadas “becas de creación artística” son parte do paquete de medidas aprobado por unanimidade no Pleno o pasado 4 de xuño, e foron incluídas ademais a iniciativa da Marea Atlántica, pero a súa concreción dista moito de ser satisfactoria e, nalgúns aspectos cando menos, pode ser mellorada.

No caso dos bonos para a hostalería e o comercio, con convocatorias moi similares, “confírmanse as nosas prevencións sobre o modelo escollido, que canaliza estes programas a través de entidades privadas e carece de mecanismos de xustiza social ou que garantan un reparto equitativo dos bonos entre a cidadanía, cousas que si se aseguran noutros concellos”, explica o vicevoceiro da Marea Atlántica, Iago Martínez. 

Serán a Federación Unión Coruñesa de Comercio (FUCC) e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería as entidades que xestionen 1,3 millóns de euros, pero non queda claro cal será o seu papel nin como repartirán o gasto. O goberno non presentou as memorias que teoricamente o detallan, e os convenios conteñen aspectos confusos e mellorables. Reclamamos que non se duplique o gasto en publicidade, que se evite a posible penalización da economía social e o terceiro sector e que se garantan medidas antifraude. Chama a atención tamén que se financie o consumo de bebidas alcohólicas, un asunto sobre o que esta mañá o goberno municipal non fixo ningunha apreciación. 

Estas convocatorias presentan aínda outros problemas, como o feito de que a cidadanía teña que adquirir os bonos a partir dunha app que o goberno local prevé lanzar en agosto e non estea prevista ningunha vía alternativa para salvar a fenda dixital.

Pola contra, o caso do Bono Cultura sitúase no extremo contrario, cun grao de detalle, control e esixencia ausente nos outros casos, que chega a un punto no que poden dificultar a súa utilidade. O listado de produtos e actividades subvencionables é, ademais, moi cativo, excluíndo moitos subsectores da cultura necesitados de apoio neste momento. 

Tamén pedimos que se estude a posibilidade de que os bonos poidan ser empregados por persoas menores de 18 anos, excluídas na proposta do goberno municipal e que son consumidoras habituais do tipo de produtos ou servizos que se subvencionan, como é o caso do cine. Cómpre lembrar que non existe ningunha limitación legal, pois a subvención non se dirixe a quen consome, senón a quen vende o produto ou presta o servizo.

[/fusion_text][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”8829|400″ max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”none” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2020/06/SGR_20170329_galeria_maria_casares_G88B1884-1-400×267.jpg[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Falsas bolsas á creación artística

Finalmente, a Comisión de Facenda tamén debateu hoxe unha proposta de axudas para gastos de produción e distribución cultural, que o goberno denomina erróneamente “becas de creación artística”. Tratándose dunha medida positiva, que “vai na liña do Plan de Choque Cultural que reclamamos desde hai semanas, as bases son francamente mellorables e semellan non ter sido obxecto de consulta no sector”, sinala Iago Martinez. 

A convocatoria non ofrece bolsas senón subvencións para cubrir gastos, porque exclúe a remuneración do traballo das persoas beneficiarias e porque non financia, nin principal nin exclusivamente, proxectos de creación. Ao revés, as categorías que poden obtar a elas son tan amplas que auguran problemas. Tamén se esixe un alto grao de concreción e documentación, pero con prazos curtísimos para executar proxectos e xustificar os gastos. “A combinación destes factores pode dificultar o éxito da convocatoria”, engade o concelleiro. 

Tamén denunciamos que a comisión de valoración estea únicamente formada por técnicos, sen ter en conta a opinión profesional da comunidade artística, así como a exclusión das persoas que non teñan nacionalidade española, totalmente inaceptable, e a aplicación que cláusulas abusivas, como a que obriga ás persoas beneficiarias a renunciar a todos os seus dereitos de autor sobre as obras producidas en caso de que o Concello queira contratalas no futuro.

[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

A Marea Atlántica solicítalle ao goberno municipal melloras nos bonos para a cultura, a hostalería e o comercio