Saltar ao contido

Finalmente non tivo lugar a Marea de Mocidade convocada para xoves 13 de novembro por mor do mal tempo. A rapazada quedou con ganas e voltan convocar este xoves 27 de novembro, ás 19:30.

14_11_27_RS_MAREA MOCIDADE

 

O xénero e a idade son as dúas variables que parecen trazar un eixo na nosa existencia. Sempre se nos preguntará por elas e sempre nos veremos afectadas pola nosa inclusión nalgunha das categorías que crean. Dende a Marea Atlántica vemos indispensable aplicar a lupa e o micro sobre sectores a priori máis sensibles ás políticas de recortes sobre as cidadás: dende as nosas avoas e avós, a nenxs ou mozxs.

 

A mocidade galega sabe de lonxe o que é ter que emigrar para conseguir emprego. E aqueles mozxs que fican aquí, abondo saben o que significa ter que adiar estudos interminables antes de incoporarse ao mercado laboral, moitas veces en precario ou por debaixo da súa preparación. «Ninis», «millenials» ou xente por debaixo dos 30-35 [cada vez se pecha o intervalo un chisco máis tarde] con problemáticas concretas que merecen ser atendidas.

 

Alén diso, asuntos transversais como a cultura, a educación, o transporte, a investigación, o lecer, a xestión dos espazos públicos e moitos outros temas que achegarán aqueles que están no allo, hanse concitar o vindeiro xoves, 27 de novembro ás 19:30 nun local reservado para a ocasión na Rúa Marqués de Pontejos, número 7 (para que a choiva non nos pare!). É a carón do Mercado de San Agustín. E será, desta vez si, a Marea da Mocidade.

 

E poderiamos soltar un Afíliate! pero na Marea dicimos Participa!

 

Mareas | Marea da Mocidade