Saltar ao contido

Os principios básicos da Marea Atlántica falan, en primeiro lugar, de garantir unha vida digna para todas e todos. Entre os alicerces para unha vida digna figuran, entre outros, un ensino público, universal, gratuíto e de calidade para todas as persoas, dereito fundamental socavado por políticas que recortan e precarizan o ensino público para beneficiar e protexer o privado. Práctica que non só insulta o principio de igualdade de oportunidades, tamén favorece a marxinalización e a brecha social.

Para conter os despropósitos na educación que poidan xestionarse a nivel municipal, nace unha nova Marea esencial: a Marea da Educación, que comezará a súa andaina este sábado 25 de outubro, ás 12.00 do mediodía na Praza de Pontevedra, coa súa primeira asemblea aberta á que estades todas convocadas.

#MareaEducación

 

14_10_25_A3_MAREA EDUCACION

Mareas | Marea da Educación