Saltar ao contido

Primarias e Programa Participativo

Guión Marco #1

13 de xaneiro de 2015

Descarga o documento das Primarias e Programa Participativo en formato PDF

1. Introdución

A Marea Atlántica nace dun desexo común: a revolución democrática. Revolución democrática é mudalo todo, decidindo entre todas e todos como deben ser eses cambios.

Durante os próximos tempos a Marea Atlántica afrontará moitos e moi diversos procesos de debate que afectarán diferentes aspectos do noso futuro, e todos eles deberán ir guiados pola democratización que defendemos a todos os niveis.

Un deses procesos é o xeito en que levaremos a cabo o asalto ás institucións no mes de maio. A democracia comeza no máis próximo, e o máis próximo non é só escoller entre unha candidatura ou outra, senón escoller tamén como se conforma e que programa de transformación das institucións e dende as institucións debe levar a cabo.

É preciso ter en conta que a Marea Viva remata o 8 de febreiro e a convocatoria de eleccións producirase o 31 de marzo. Dende o Grupo de Traballo de preparación da Marea Viva valorouse positivamente a idoneidade de que a candidatura fora pública os primeiros días de marzo.

2. Criterios

  • Participación en igualdade
  • Garantir á pluralidade da Marea Atlántica, de xeito que ningunha das súas partes cope a candidatura
  • Renovación
  • Igualdade de oportunidades
  • Transparencia
  • Sistema comprensible de voto
  • Estímulo da participación
  • Formación dun equipo de goberno
  • Solvencia do equipo de goberno
  • Introdución de lóxicas cooperativas e non competitivas no proceso
  • Centralidade dos obxectivos e dos principios básicos
  • Protagonismo das mareas temáticas e de barrio
  • Obediencia
  • Non discriminación

3. Preguntas

* As preguntas con asterisco son de obrigada resposta

Bloque de Primarias

1. Censo

  1. Quen pode votar?*
  2. Quen elabora o censo?
  3. Como se elabora e cando se pecha o censo?

2. Aspirantes

  1. Quen pode presentarse?*
  2. Necesita avais?
  3. Que requisitos debe cumprir un ou unha aspirante?*
  4. Que criterios poden excluír un ou unha aspirante?*
  5. Que compromisos asume a persoa aspirante?
  6. Que compromisos asume a Marea Atlántica coa persoa aspirante?*
  7. As candidaturas serán individuais ou en listas? E de qué modo se configurarán?

3. Igualdade de xénero

  1. De que xeito garantimos a participación en igualdade?*
  2. Qué novos mecanismos podemos introducir para favorecer a participación en igualdade.

4. Arbitraxe

  1. Que órgano supervisa o procedemento de primarias?*
  2. Como se conforma?*
  3. Que funcións ten?*
  4. Como as adopta decisións?*

5. Postos a elixir

Nota: na cidade da Coruña as listas están compostas por 27 titulares e 10 suplentes.

  1. Á hora de votar, sobre cantos postos da candidatura podemos decidir? Sobre a lista completa ou sobre unha porcentaxe dos postos?
  2. Vótase por separado o/a cabeza de lista?
  3. Reservaríanse algúns postos simbólicos (ao final da lista) para persoas que tivesen especial relevancia pública e concitasen unanimidade na Marea? Como se decidiría finalmente a súa inclusión?

6. Número de candidatos/as

  1. Cantas persoas aspirantes pode haber por cada posto da candidatura?
  2. No caso de presentarse máis, como se corrixiría?

7. Campaña electoral das primarias

  1. Dereitos e deberes das persoas candidatas.*
  2. Como se garante a igualdade de oportunidades?*

8. Sistema de votación

  1. Que sistema de votación se empregará?*
  2. De que xeito se garantirá o respecto á igualdade e a pluralidade da Marea Atlántica?*

9. Xornadas electorais

  1. Como e onde se poderá votar?*
  2. Como se garante a seguridade do proceso*
  3. Quen, como e cando fai o escrutinio dos votos?

10. Corrección de listas

  1. Aplicaranse criterios de corrección de xénero na lista ademais dos que prescribe a lexislación vixente?*

11. Proclamación da candidatura

  1. Quen, como e cando proclama a lista?

Bloque de Programa participativo

12. Calendario

  1. En que periodo se elaborará o programa participativo?*
  2. En que fases?

13. Participación

  1. Que papel lles corresponde ás mareas temáticas e de barrio na presentación de propostas?*
  2. E na elaboración do documento final?*
  3. Crearíase un órgano encargado da coordenación da elaboración do programa participativo?*
  4. Que funcións tería?*
  5. Como se conformaría?*
  6. De que maneira pode participar a cidadanía no seu conxunto na elaboración do programa?*

14. Referendo

  1. Necesitaría o programa participativo un referendo final?*
  2. Quen podería votar?
  3. Quen elaboraría o censo?
  4. Como se elaboraría e cando se pecharía?

15. Áreas

  1. En que áreas temáticas e territoriais se organiza o programa?

16. Presentación do programa electoral

  1. Quen, como e cando presentará o programa?*