Levamos dúas semanas Entre Mareas, debatendo e afinando os documentos colectivos que perfilan a natureza electoral e gubernamental da Marea Atlántica. Estes documentos tratan sobre:

 

Forma de Goberno.

Código Ético.

Primarias e Programa Participativo.

 

Nesta fase de proposición e publicación dos documentos concorreron incialmente 12 propostas que aquí se publicaron. Logo das negociacións entre os diferentes equipos redactores, acadáronse 5 propostas definitivas. De seguido, podes consultalas e ver o rumbo que toma a Marea Atlántica de cara á nosa vindeira fase – 6, 7 e 8 de febreiro-: Marea Alta.