Guión Marco #3
13 de xaneiro de 2015
Descarga o documento da Forma de Goberno en formato PDF
1. Introdución
Vivimos un tempo de emerxencia social que demanda un esforzo extraordinario de unidade e audacia. Nada do que hai nos serve para combater as políticas ditadas polas elites e o poder económico. Hai que ir máis alá se queremos rescatar a democracia e poñer de novo as institucións ao servizo da maioría social. É a hora do protagonismo da xente.
Por iso a Marea Atlántica propuxo, no seu manifesto fundacional, construír un espazo de confluencia no que caibamos todos e todas. Superar as ferramentas que non funcionaron no pasado. Ir máis alá das sopas de siglas e as pactos cosméticos entre forzas políticas. Porque hai que gañar e transformar a sociedade e as institucións.
Agora tócanos decidir como queremos gobernar a nosa cidade nos vindeiros catro anos, tendo en conta o compromiso irrenunciábel da Marea Atlántica: servir de ferramenta para que este goberno sexa o de todos os veciños e todas as veciñas da Coruña. Un goberno que obedeza á cidadanía, transparente, participativo e obrigado a render contas.
2. Criterios
- Democracia como exercicio cotián
- Información e transparencia
- Auditoría cidadá
- Democracia directa, deliberativa e participativa
- Rendición de contas
- Revogación de cargos
- Fomento da participación e das políticas de igualdade
3. Preguntas
* As preguntas con asterisco son de obrigada resposta
Bloque electoral
1. Forma xurídica de presentación ás eleccións
- Con que forma xurídica debe presentarse a Marea Atlántica ás eleccións?*
- Que consecuencias debe ter esta forma xurídica con respecto á toma de decisións dentro do grupo municipal?
- Que consecuencias debe ter esta forma xurídica con respecto á administración dos recursos propios do grupo municipal?
2. Financiamento da campaña electoral
- Como se financiará a campaña electoral?*
- Que achegas (tipo e orixe) está diposta a aceptar a Marea Atlántica?*
- En que tipo de entidade se depositarán os fondos?
3. Pactos de goberno municipal
- Debería nalgún caso a Marea Atlántica apoiar candidatos/as á Alcaldía doutras forzas políticas?*
- Debería a Marea Atlántica negociar o apoio de concelleiros/as doutras listas electorais para alcanzar a Alcaldía no caso de ser necesario?*
- Baixo que condicións se poderían realizar estes pactos?
- Como e quen decidiría en última instancia os posíbeis pactos de goberno posteriores ás eleccións?
4. Posición da Marea Atlántica no ámbito supramunicipal
- Que relación debe establecer a Marea Atlántica con outros procesos municipalistas no noso país?
- Debe a Marea Atlántica buscar fórmulas para acceder á Deputación da Coruña se a súa forma xurídica o permite?
- Debe a Marea Atlántica buscar na Deputación Provincial alianzas que faciliten unha maioría alternativa ao PPSOE?
- Baixo que criterios se realizará a agregación, no seu caso, para a Deputación Provincial?
- Como se decidirán os pactos (de os haber) neste ámbito?
Bloque de goberno
5. Relación do Grupo Municipal coa Marea Atlántica
- Como se relaciona o Grupo Municipal coa Marea Atlántica tralas eleccións de maio?*
- Diante de que outras instancias cidadás debe responder o grupo municipal?
6. Estrutura do grupo municipal
- Con que principios se organizaría o labor do grupo municipal ou, no seu caso, do goberno municipal da Marea Atlántica?
- Quen tería a responsabilidade de organizar este labor?
- Como se tomarían as decisións?
- Qué formación en materia de igualdade e xénero deberían ter ou adquirir tanto o grupo municipal da Marea Atlántica coma o seu equipo técnico?*
7. Revogación de mandatos
- Como será o procedemento de revogación de mandatos dos concelleiros/as da Marea Atlántica?*
- Quen propón a revogación?*
- Quen debe aprobala?*
8. Rendición de contas
- Que sistema de rendición de contas se define para os cargos electos da Marea Atlántica?*
- Diante de que instancia e con que periodicidade se realizará este rendemento de contas?
9. Participación cidadá
- Que mecanismos de participación cidadá no goberno (democracia participativa, democracia deliberativa e democracia directa) poderían contemplarse?
- Que institucións e procedementos se crearán para permitir estes niveis de participación?
- Cal é a función dos órganos da Marea Atlántica no goberno da cidade?
10. Contratación Pública
- Que criterios de responsabilidade social se terán en conta para a contratación pública?*
11. Transparencia
- Que mecanismos de transparencia articulará a Marea Atlántica?*
- De que maneira disporá a cidadanía de información?
- Que tipo de información se fará pública?
- Deben ser públicas ás contas da Marea Atlántica? Onde deben facerse públicas? E en tal caso, con qué periodicidade?*
- Debe ser pública a axenda do equipo municipal?