Saltar ao contido

Bases Código Ético

Guión Marco #2

13 de xaneiro de 2015

Descarga o documento do Código Ético en formato PDF

1. Introdución

Temos un desexo común, e ese desexo común ten moitas caras e moitos nomes. Dous deses nomes son transparencia e responsabilidade.

Queremos escoller as persoas que nos van representar, e tamén queremos escoller o xeito en que o van facer.

A Marea Atlántica debe armarse dun Código Ético de xeito de que as persoas encargadas de exercer a representación se axusten a unha serie de parámetros que consideramos totalmente imprescindíbeis para unha democracia real, en coherencia cos principios básicos da Marea Atlántica.

Un Código Ético que guíe o comportamento dos cargos electos da Marea Atlántica, orientando a súa actividade tanto dentro como fóra das institucións, e que force o resto de representantes a acoplarse a el como medio para a construción dunha mellor democracia.

Un Código Ético que debe ser elaborado e refrendado polas persoas que forman parte da Marea Atlántica e que sitúe a esta como exemplo de responsabilidade e transparencia no exercicio público.

2. Criterios

  • Responsabilidade
  • Transparencia
  • Renovación
  • Obediencia
  • Non acumulación de cargos
  • Publicidade
  • Accesibilidade para a cidadanía e para os medios de comunicación
  • Rendición de contas
  • Non discriminación

3. Preguntas

* As preguntas con asterisco son de obrigada resposta

1. Renovación

  1. En cantos mandatos se pode optar a ser representante da Marea Atlántica?*
  2. Alternas ou consecutivas?
  3. Este criterio é variábel en función de se se acadan ou non cotas de goberno?

2. Transparencia

  1. Que datos deben facer públicos os cargos electos da Marea Atlántica?
  2. Só as declaracións de patrimonio?
  3. Deben ser públicos os salarios e as dietas?
  4. Con que periodicidade deben publicarse estes datos?

3. Responsabilidade

  1. Debe ser limitado o salario dos e das representantes? E do seu equipo técnico? Como se limitarían estas retribucións?*
  2. A que retribucións propias do cargo, pero non vinculadas directamente ao seu salario, debería renunciar o Grupo Municipal da Marea Atlántica?
  3. Deben responder os cargos electos a outros criterios de responsabilidade aparte dos económicos (sociais, formativos, de conducta…)?*

4. Compatibilidades

  1. Debería estar prohíbida a compatibilización da acta con outro cargo na Administración pública?
  2. Con que profesións sería incompatíbel a dedicación exclusiva?
  3. Son compatíbeis os cargos de representación da Marea Atlántica con cargos orgánicos na propia Marea ou noutras forzas políticas ou sociais?
  4. De que xeito deberían controlarse as denominadas “portas xiratorias”, isto é, o uso dos cargos públicos como trampolín profesional no sector privado?

5. Mandato

  1. Que causas non xustificarían a renuncia á acta de representante?
  2. Que causan xustificarían que a Marea Atlántica instase a algún ou algunha das súas representantes a abandonar o cargo (imputacións, condenas, comportamentos sexistas ou discriminatorios por razóns raciais, relixiosas, de orientación sexual, etc…)?