Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

O Comité Organizador presenta a Marea Viva 2020-2021 co obxectivo de actualizar as estratexias da Marea Atlántica e adaptalas ao contexto político actual

Toda a información está dispoñible na web https://mareaviva2020.mareatlantica.org/ 


A Coordinadora da Marea Atlántica, cumprindo cos compromisos acadados ao comezo do seu mandato, vén de presentar o calendario e primeiras actividades paralelas da Marea Viva, o máximo órgano de toma de decisións da Marea Atlántica, que se celebrará entre os meses de decembro de 2020 e febreiro de 2021. 

A denominada “Marea Viva 2020-2021: Horizonte Municipalista” celébrase co obxectivo de adaptar a estrutura, estratexia e acordos constituíntes da Marea Atlántica ao momento político actual. O Comité Organizador, destaca que esta edición da Marea Viva terá como principal particularidade o seu formato telemático, para responder á situación sanitaria e social na que nos atopamos, garantindo a seguridade e facilitando a participación de todas as persoas que queiran formar parte dela. 

Como xa se informou na Rede, a asemblea da Marea Atlántica, o pasado mes de novembro, xa está operativa a páxina web que vertebrará todos os actos propios e actividades paralelas, e na que se compilará toda a información e documentos propostos para o debate:

https://mareaviva2020.mareatlantica.org/ 

 

Formas de participación e actividades paralelas

A participación activa nesta Marea Viva está aberta a todas as persoas que asinen o manifesto da Marea Atlántica antes do 13 de decembro. Como novidade nesta ocasión, e debido ao formato telemático, será necesario incribirse vía web para achegar comentarios e emendas aos documentos propostos, e para participar nas xornadas de debate. Neste caso, o prazo está aberto ata o 7 de febreiro de 2021.

O programa da Marea Viva terá unha serie de actividades complementarias para enriquecer o debate, diversos faladoiros nos que participarán voces convidadas achegando diferentes visións sobre o municipalismo. Todos estes encontros serán retransmitidos en aberto a través da canle de YouTube da Marea Atlántica, ende a que se poderán propoñer preguntas ás convidadas.

Toda a información sobre os documentos a debater, o calendario e as actividades paralelas, están dispoñibles na web 

 

A Marea Atlántica pon en marcha a Marea Viva 2020-2021 baixo o lema “horizonte municipalista”