Que non se vos pase a data! O mércores 3 de decembro convocamos a Marea de Medio Ambiente e Sustentabilidade, nos soportais do Teatro Rosalía de Castro, ás 19:30 da tarde.
Porque hai cousas que non se sosteñen.
A nosa pegada urbana, como cidadás comprometidas, debe ser medida e respectada. As e os que formamos parte da Marea Atlántica medramos nunha cidade marítima, construída en parte sobre o mar, que a día de hoxe conta con escasas zonas verdes, unha enigmática xestión do lixo [só se recicla un 13% do lixo e no noso pasado recente lembramos a traxedia relacionada co monte de lixo de Bens] ou unha refinería. Como xestionamos e poñemos couto á nosa pegada medioambiental? Como sostemos o equilibrio entre nós e o resto de seres vivos cos que compartimos hábitat, ceo, auga e terra?
Sería estupendo poder escoitar a voz de todas a este respecto. O punto de reunión desta nova asemblea aberta da Marea Atlántica ha ser o vindeiro mércores 3 de decembro, nos soportais do Teatro Rosalía de Castro, ás 19:30. Será a Marea de Medio Ambiente e Sustentabilidade.
Á forza da Marea non se lle poñen portas. E o NOSO falar e debater tampouco ha ter cancelas.
Participa!