María García: “A entrada de coches na Coruña recuperouse nun 95%, e as viaxes en bus só nun 50%. Se non actuamos, a situación será insostible á volta do verán”.

Reclamamos tamén que a peonalización que se está a levar a cabo estes días sirva para aumentar o arboredo e a natureza: non máis eriais de cemento como o Parrote do PP.

A Marea Atlántica reclámalle aos gobernos da Xunta de Galicia e do Concello da Coruña que non esquezan o transporte público tras a fin do estado de alarma e tomen medidas para reforzalo. A nosa voceira municipal, María García, sinala que desatender agora o bus urbano e metropolitano traducirase nun crecemento preocupante do tráfico en vehículos privados. Tamén solicitou ao goberno municipal que aproveite as obras de mellora de accesibilidade e peonalización, que se están a levar a cabo nestas semanas, para engadir arboredo e outros elementos naturais ás rúas. Ambas medidas forman parte dos acordos coa Marea Atlántica que o PSOE leva un ano a incumprir.

A volta ao colexio e ao traballo disparará o tráfico

Este incremento de uso do vehículo privado poría en risco, ademais, a efectividade das outras medidas que se están a tomar a prol da mobilidade sostible, como a ampliación de espazo peonil, a potenciación de Bicicoruña e o uso da bicicleta, así como a declaración da cidade como Zona 30. Como advirte María García: “A solución máis eficaz pasa por potenciar o transporte público, municipal e metropolitano, con medidas que garantan o seu uso seguro e con garantías para a saúde. Medidas que nin o Concello nin a Xunta, como responsable do transporte metropolitano, están a tomar”. 

Neste sentido, lembramos que un dos puntos incumpridos do noso pacto co PSOE para o primeiro ano de mandato é o de introducir no billete do bus descontos para maiores de 65 e menores de 25 anos, unha iniciativa que sería necesario recuperar. Nestes momentos, non abonda con declaracións e campañas promocionais. Cómpren medidas concretas, medidas como a baixada da tarifa do bus que se implantou no mandato da Marea Atlántica, e que significou que o ano pasado o transporte urbano batera a súa marca histórica de viaxes: 23 millóns en total. 

Carril bici na Coruña

Rúas verdes, contra o ruído e o cambio climático

Doutra banda, instamos ao goberno do PSOE a aproveitar as obras de peonalización de rúas que se están a levar a cabo tras a fin do estado de alarma, positivas en xeral, para ampliar o arboredo e a presenza de vexetación na Coruña. “Facemos esta proposta por dous motivos, porque é un xeito eficaz de loitar contra o cambio climático, e porque mellora a calidade do espazo público, reducindo ruído e controlando as temperaturas. Non cometamos outra vez o erro do PP na Mariña e o Parrote, que son desertos de cemento onde é moi complicado pararse”, explicou García. 

Este tipo de medidas de naturalización leváronse a práctica durante o goberno de Xulio Ferreiro, co aumento do arboredo da cidade nun 10%, e co Plan de Infraestrutura Verde. Mantelo era, tamén, parte dos acordos para a investidura de Inés Rey e os Orzamentos 2020, pero polo de agora non houbo un só avance. Recuperar e cumprir este pacto sería, nestes momentos, especialmente positivo para A Coruña.