Saltar ao contido

As dúas formacións comprométense a seguir impulsando políticas para unha cidade máis xusta e sustentable

A Marea Atlántica e EQUO A Coruña renovaron hoxe o seu compromiso de colaboración para seguir impulsando un programa ecoloxista para “unha cidade máis xusta e sustentable”.

Xulio Ferreiro, candidato de facto da Marea Atlántica, mantivo un encontro con Daniel Díaz Grandío, Stephanie Ordóñez e Alberto Prieto, representantes de EQUO na Coruña.

Ferreiro declarou que “é un orgullo que o ecoloxismo político, representado por EQUO, continúe dando forza á confluencia que construímos xuntas en 2015. O goberno da Marea Atlántica leva catro anos traballando por unha Coruña máis verde, con medidas como a expansión do arborado, a eliminación das verteduras contaminantes e dos herbicidas tóxicos, ou a recuperación de espazos como a lagoa de Eirís. E así queremos seguir nun segundo mandato”.

Pola súa banda, EQUO aprobou na súa asemblea celebrada o 30 de Xaneiro a renovación do seu apoio ao proxecto da Marea Atlántica cara ás eleccións municipais de maio de 2019. “Compartimos un modelo de cidade e queremos seguir construíndo xuntos unha Coruña na que vivir mellor”.

A Marea Atlántica e EQUO A Coruña renovan o seu compromiso de colaboración neste 2019