Saltar ao contido

O próximo sábado 29 de Novembro as Marchas da Dignidade encherán a praza do Obradoiro en Compostela para reclamaren “PAN, TRABALLO E TEITO”. As organizacións sociais, sindicais e políticas fan un chamamento á cidadanía galega para que saia á rúa a reclamar o que lle pertence.

Podes sumarte dende Coruña dándolle á ruta a pé, en tren ou no bus que se alugará. Aquí podes informarte máis polo miúdo http://marchasdadignidadecorunha.wordpress.com/2014/11/09/ruta-dende-coruna/ e o formulario podes rechealo dende aquí https://docs.google.com/forms/d/1PC39CbiAzU7oPLFrX4hCCAcegtrmiidm6WSSJvJryMw/viewform?c=0&w=1

Dende a Marea Atlántica apoiamos o que xulgamos unha reclamación non só xusta senón nestes tempos tamén necesariamente urxente.

Ás veces só a indignación é o camiño para a dignidade.

Resignarse non. Non miremos para outro lado. Non perdamos o temón.

#29N

#EuVou

Marea Atlántica coas Marchas da Dignidade do 29N