Saltar ao contido

No terceiro número da Agulla de Marear, explicamos o como e o porqué da cuestión de confianza á que se someteu o goberno municipal da Coruña

Durante o mes de febreiro, a Marea Atlántica organizou unha serie de actos nos barrios para dar conta da situación política da cidade e dos motivos que levaron ao goberno municipal a convocar unha cuestión de confianza para aprobar os Orzamentos 2017. O alcalde e as concelleiras e concelleiros estiveron en Monte Alto, Palavea, Os Castros, o campus universitario, Novo Mesoiro, a Agra do Orzán e Elviña.

Ao fío destas actividades, editamos un novo número da nosa voceira na rúa, a Agulla de Marear, que resume todo o proceso, desde os intentos de negociar co PSOE ata as consecuencias de que socialistas e populares sumaran os seus votos para retirarlle a confianza ao alcalde, Xulio Ferreiro.

Se non puideches coller o teu exemplar, aquí tes a Agulla de Marear. Que non che marquen o rumbo.

memes_agullan3_02

Nos barrios, ante a veciñanza, o goberno muncipal falou do proceso de negociación dos Orzmamentos 2017, que son exemplo do modelo de cidade que a Marea Atlántica defende para A Coruña. En palabras do alcalde, “o que está en xogo non é so a continuidade dun goberno. Está en xogo un modelo de cidade no que as persoas van primeiro”. A Coruña pode seguir profundando en políticas urbanísticas pensadas para defender o público, ou pode volver a unha política baseada na especulación, con desfeitas que lle custan millóns de euros aos nosos petos cada ano, con nomes como Ofimático ou Edificio Conde Fenosa.

Podemos seguir cun modelo de mobilidade sostible, no que o peón estea no centro e no que contemos cun carril bici e con sendas ciclables, ou seguir co sistema do PP, baseado en meter coches e máis coches na cidade. Podemos seguir defendendo un modelo ambiental sostible, que nos levou a eliminar case todas as verteduras incontroladas á ría do Burgo, ou volver ao estado anterior, para unha cidade onde nin sequera se preocuparan de protexer espazos como as Illas de San Pedro ou o entorno de Punta Herminia.

memes_agullan3_05

 

 

Manual de instruccións para unha cuestión de confianza