Saltar ao contido
Edificio Servizo Económicos Concello da Coruña -

Este manifesto reclama o uso da totalidade do seu superávit do 2019, así como os remanentes de tesouraría, a eliminación da regra de gasto e a interlocución directa da FEGAMP co Goberno Central, entre outras medidas.

Entre os asinantes atópanse, ademais da Marea Atlántica, Compostela Aberta e Ferrol en Común, forzas coma Marea de Vigo, Son de Teo, Marea de Noia e Xuntos por As Pontes.

O plan do Ministerio de Facenda para a incautación dos remanentes de concellos e  deputacións, aprobado hoxe pola FEMP, pisotea as competencias municipais, adoece dun marcado carácter centralista e supón un desprezo para o traballo dos concellos. Este plan cuestiona o espírito do artigo 140 da Constitución Española e rebenta a xa moi tocada autonomía municipal, pretendendo tutelar aos concellos. Fronte ao que consideramos unha escusa para limitar o gasto e o investimento locais, as mareas municipalistas de Galicia demandamos a protección das persoas, sobre todo das máis vulnerables.

Nun contexto como o de esta crise na que os concellos son vitais para a cidadanía, as diferentes forzas do común galegas que gobernan ou traballan dende a oposición en diferentes concellos do noso país, asinamos este manifesto en contra da incautación do aforro dos concellos. Non se pode gobernar de costas ás administracións locais, que son as máis próximas á xente e as primeiras ás que se acode.

O municipalismo galego sempre se mostrou contrario á chamada Lei Montoro e a que fosen os concellos os que pagasen a factura dunha crise que non provocaran. Agora máis que nunca, dende o municipalismo galego esíxeselle ao Estado a supresión da Lei de Racionalidade Orzamentaria e Sustentabilidade Orzamentaria

O manifesto ao completo, así como a listaxe completa de partidos e grupos municipais asinantes, pode consultarse nesta ligazón: Manifesto sobre a incautación de remanentes dos concellos

Marea Atlántica, Marea de Vigo, Compostela Aberta, Ferrol en Común e as mareas municipalistas de Teo, Noia ou As Pontes asinan un manifesto reclamando blindar e reforzar a autonomía local fronte á incautación do aforro dos concellos impulsada polo Ministerio de Facenda