Saltar ao contido
o 2020Comisión educacion outubre

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text]

O goberno municipal comprométese a ampliar o contrato de mantemento escolar en 35.000 euros  e o de limpeza en 150.000. Celebramos que acepten a proposta da Marea Atlántica, pero chega tarde e con contías insuficientes

Os colexios María Pita e Alborada acumulan numerosos desperfectos, o de Novo Mesoiro precisa unha praza de conserxería e o Ramón de la Sagra agarda pola ampliación do comedor, sen resposta do Concello

Unha vez máis, a área de Educación non ofrece datos sobre as bolsas comedor, que continúan sen resolverse a 15 de outubro. Convocaremos a Comisión de Benestar para pedir explicacións

A Marea Atlántica volve lembrarlle ao goberno municipal da Coruña que ten competencias en Educación e non pode esquecerse de exercelas. Na Comisión de Educación e Cultura, celebrada hoxe, puidemos comprobar que un mes despois de iniciar o curso o executivo local segue a “estudar medidas” para facilitar unhas aulas seguras fronte á pandemia. Unha parálise difícil de xustificar, combinada coa submisión aos recortes da Xunta de Galicia, que se aceptan sen crítica. Desde setembro non volveu haber nin sequera unha reunión entre as administracións local e autonómica. 

Silvia Caméan, representante da Marea Atlántica na Comisión de Educación, sinala que “o 9 de setembro trasladámoslle formalmente ao concelleiro Jesús Celemín as propostas de ampliar os contratos de mantemento e limpeza dos centros escolares, para adaptalos á nova situación. Nun mes non se fixo nada, aínda que hoxe promete, por fin, reforzar con 35.000 euros o servizo de mantemento e con 150.000 o de limpeza. Celebramos que se acepte a nosa proposta, pero chega tarde e con contías insuficientes”. 

A concelleira lembrou que o departamento de Educación dispón de fondos dos diversos programas  e contratos que a pandemia non permitiu executar, como as Bolsas USA ou Idiomas do Mundo, e volveu pedir que sexan investidos nas moitas necesidades que impón a COVID. “Nestes momentos, o 50% dos fondos para programas educativos están sen executar. Esiximos que estes cartos se reinvistan en Educación en lugar de desviarse a outras áreas”, di Silvia Cameán.

Esixiu tamén respostas a problemas concretos, como a falta dunha praza de conserxería no colexio de Novo Mesoiro, a reparación dos numerosos desperfectos no María Pita e no Alborada, e a necesidade de obras no comedor do Ramón de la Sagra, ás que o Concello non está a dar resposta de ningún tipo. 

Non son as únicas contas pendentes. Hai un mes a Marea Atlántica puxo sobre a mesa propostas como peonalizar a entrada dos centros de ensino e reforzar os camiños escolares seguros, para garantir a axeitada protección e distancia social do alumnado e as súas familias. Prometeuse estudalo pero a única medida que se está a ver son as obras financiadas con fondos europeos DUSI, unha herdanza do mandato de Xulio Ferreiro. 

Servilismo cara a Xunta de Galicia

“Temos que denunciar tamén a actitude de servilismo que este goberno municipal está a ter cara a Xunta de Galicia. Non está a ser nin esixente, nin firme nin contundente contra os recortes da administración autonómica e a súa falta de compromiso co ensino público”, sinalou a concelleira. Situacións como a do colexio de Novo Mesoiro, inaugurado con gravísimas carencias (nin teléfono tiñan), ou a evidente falta de profesorado e persoal de apoio en todos os centros de ensino da cidade nin sequera mereceron un comentario por parte de Inés Rey. 

É máis, desde o mes de setembro non se volveu producir unha soa xuntanza entre os equipos de Educación da Xunta e do Concello. Non pode ser que o executivo local dunha cidade de 250.000 habitantes amose tal desinterese no que acontece co ensino público. 

Entre outras cousas, o Concello debería esixir o cumprimento do convenio de patios cubertos, asinado en 2006 e aínda pendente por parte da Xunta. Hai sete centros escolares na Coruña aos que o goberno autonómico lles debe as obras para cubrir as áreas de recreo, unha medida que agora é incluso máis importante pola necesidade de espazos abertos. 

[/fusion_text][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Novo desplante á Banda Municipal de Música

Doutra Banda, hoxe declarouse deserto o concurso para a dirección da Banda Municipal de Música, que leva vacante desde marzo. É a segunda vez que ocorre en seis meses, e a nova responsable de Cultura, Inés Rey, nin sequera compareceu para dar explicacións. Nin ante a oposición nin ante o persoal da Banda, que lle reclama unha xuntanza sen éxito dende hai semanas.

Ante esta situación, a Marea Atlántica rexistrará un rogo oral para vindeiro Pleno, no que esiximos unha rápida solución para a praza de dirección, e no que lle pedimos á alcaldesa, unha vez máis, que trate á Banda como se merece, que escoite aos músicos e ás músicas, e que se ocupe de cubrir as súas moitas carencias de material e persoal, como temos denunciado en numerosas ocasións desde a Marea Atlántica. 

[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”9487|400″ max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”none” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2020/10/banda-municipal-musica-reunion-400×271.jpg[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

A Marea Atlántica denuncia que o Concello segue sen reforzar os servizos de mantemento e limpeza nas aulas un mes despois de empezar o curso