Saltar ao contido

Por moito que se repita unha mentira, non se convirte en verdade. En 2016 concedéronse máis licenzas de construción e rehabilitación de inmobles que en calquera dos anos de mandato do PP.

Segundo os Instituto Galego de Estatística (IGE), o número de licenzas referidas á construción de edificios na cidade da Coruña durante o ano 2016 é case 4 veces superior á rexistrada en 2011, primeiro ano de goberno do Partido Popular á fronte de María Pita.

En concreto, e segundo os datos deste ente que depende da Xunta de Galicia, o pasado ano na Coruña concedéronse 64 licenzas para a construción de edificios, fronte ás 17 de 2011. Desa cifra, 55 corresponden a rehabilitación de inmobles deteriorados.

O número de títulos concedidos, de feito, supera ós de calquera ano do mandato municipal popular, xa que os datos falan de 27 licenzas en 2012, 19 en 2013, 33 en 2014, e 37 en 2015.
Licenzas

Os datos evidencian, unha vez máis, que as mentiras, por máis que se repitan, seguen a ser mentira, e que na cidade da Coruña non existe parálise. O que existe é unha supervisión urbanística rigorosa e con todas as garantías urbanísticas posibles, evitando ter que volver situacións como o edificio de Conde de Fenosa, ou o Ofimático, principais expoñentes dos tempos das ‘políticas para amiguetes’. Pola súa causa, o Concello para entre 3 e 4 millóns de euros ao ano en sentenzas urbanísticas que castigan as prácticas de gobernos anteriores.

Aposta pola rehabilitación

A aposta pola rehabilitación que executivo municipal defende tamén se pode ver nos datos do IGE. En concreto, do total de licenzas outorgadas para construción de edificios, 55 estaban ligadas a actuacións de rehabilitación, fronte as 24 de 2014. Entre 2011 e 2013 o Concello tan só outorgou unha licenza deste tipo.

No que atinxe a edificios de nova planta, o goberno local entregou 8 licenzas o pasado ano, un 60% máis que as outorgadas o último ano completo do PP á fronte de María Pita (5).

As licenzas para a construción de edificios multiplicáronse por catro co goberno da Marea Atlántica