O candidato á Alcaldía pola Marea Atlántica mantivo un encontro con investigadoras da UDC e comprometeuse tamén a crear unha liña de premios para proxectos centrados en retos urbanos
Xan Xove: “Desde o Concello, temos que fomentar a producción de coñecemento que nos axude a afrontar os grandes retos da Coruña na mobilidade, a vivenda e a transición ecolóxica”
O cabeza de lista da Marea Atlántica e candidato á Alcaldía da Coruña, Xan Xove, mantivo un encontro con persoal investigador da Universidade da Coruña, na facultade de Ciencias da Educación, e comprometeuse a abrir desde o goberno local unha liña de cooperación destinada a financiar contratos de persoal investigador que traballe en proxectos beneficiosos para a cidade.
“Quero aumentar o apoio que o Concello da Coruña lle dá a investigación, e farémolo a través dun convenio coa UDC, que permita contratar a persoas que fagan avanzar o coñecemento para afrontar os retos urbanos deste século. A Coruña pode ser un laboratorio vivente, un living lab, no que o coñecemento se volque de deixo directo en eidos sociais e políticas públicas”, resumiu Xove
A Universidade da Coruña conta conta cun persoal docente e investigador formado por 1.600 persoas, en todas as áreas do coñecemento, e con diferentes espazos especilizados no campus. Desde o Concello da Coruña débese estreitar a colaboración e, moi especialmente, orientar proxectos que teñan impacto directo na cidade da Coruña, en eidos coma a mobilidade, a vivenda, a transición ecolóxica xusta ou a loita contra a desigualdade, entre moitos outros posibles. O impulso do coñecemento desde as institucións públicas debe reforzarse tras anos de recortes.
Doutra banda, Xan Xove tamén impulsará a creación dunha liña de premios outorgados desde o Concello a aqueles traballos de investigación que acheguen solucións valiosas a estes retos urbanos. Serían un complemento aos prestixiosos Premios Prisma de divulgación, pero centrados neste caso na produción de novo coñecemento.