Saltar ao contido

 

cartel

 

Porque estás de viaxe, porque estás residindo fora, porque estudas nunha universidade que non é a da Coruña, pode que o día 24 de maio non esteas tan preto do teu colexio electoral como desexarías. Pero se nese 24 de maio queres que a túa voz se sume ás que queren que a partir do 25 se escoiten todas as voces podes seguir os seguintes pasos para emitir o teu voto por correo:

1. Até o 14 de maio podes dirixirte a calquera oficina de Correos e solicitar a documentación necesaria. A partir de aí, recibirás na túa casa os sobres, as papeletas e as instrucións precisas para poder votar.

2. E até o día 20 de maio, só tes que volver a Correos co teu DNI, a túa tarxeta censal e a papeleta da Marea para poder facerte escoitar!

Instrucións para votar por correo