María García: “Escoitar aos sectores afectados é necesario e importante, pero mellor facelo sen lanzar antes propaganda”
Sen o mínimo intento de negociación e sen poner ningún documento sobre a mesa, o goberno municipal xa promete un novo plan de choque mentres centos de negocios levan seis meses agardando para cobrar as axudas do anterior
A Marea Atlántica lamenta que, unha vez máis, Inés Rey lle dea prioridade á propaganda antes que á acción de goberno, anunciando un novo plan de choque contra as consecuencias da pandemia cando boa parte do anterior, o denominado Presco, está aínda sen executar.
A nosa voceira, María García, denuncia que “o goberno municipal xa está a lanzar anuncios deste novo paquete de medidas”. Farao mañá durante a convocatoria da Mesa de Diálogo cos sectores da hostalería e o comercio, convocada por fin despois de que a Marea Atlántica leve un mes pedíndoo. “Escoitar ao sector é necesario e importante, pero mellor facelo sen lanzar antes propaganda”.
Así, o PSOE segue a lanzar anuncios en lugar de preocuparse por axilizar o pago das axudas aos centos de pequenos negocios que levan seis meses agardando por elas (non se coñece a cifra exacta porque o goberno municipal esconde os datos detallados). O Presco, aprobado a finais e maio por todos os grupos do Concello, chega a 2021 coa metade do eixo social sen executar, cunha xestión moi mellorable e con nulo análise por parte do Partido Socialista, que hoxe demostrou que está disposto a repetir os seus erros: poñer a publicidade por diante da realidade.
Nin orzamentos, nin xestión
A Coruña será, xunto con Ourense, a única cidade galega que non teña orzamentos neste 2021, por culpa da negativa de Inés Rey a negocialos. A cidade xa está a notar as consecuencias. O Pleno do 14 de xaneiro chega sen asuntos de goberno, e sen o modificativo de crédito necesario para renovar os convenios coas entidades sociais, deportivas e culturais da Coruña, que nestes momentos non saben se van conta con fondos municipais para facer o seu traballo.