A Marea Atlántica celebra este sábado unha xornada para imaxinar o futuro do porto, cunha viaxe en barco que reivindica a ría como conector metropolitano
A actividade comezará ás 10.30h no Circo de Artesáns cunha conferencia de Ramón Marrades, economista urbano e experto nas relacións porto-cidade, e un coloquio no que intervirá o ex-alcalde Xulio Ferreiro
Ás 13 horas farase un percorrido en barco polos peiraos interiores e o interior da ría, aberto a toda a veciñanza e de balde previa reserva de praza
‘Como imaxinamos o futuro do porto?’ é unha xornada dedicada a reflexionar sobre a maior transformación urbana da Coruña para os vindeiros anos: a integración dos peiraos na cidade.
A partir das 10.30 o sábado 24 agardámoste no Circo de Artesán:
- Conferencia Ramón Marrades
- Coloquio coa participación de Xulio Ferreiro, Pablo Gallego e Luisa Varela. Modera, Chiqui García.
Ao remate das charlas, que estarán abertas ao público mentres haxa aforamento dispoñible, terá lugar un paseo en barco polos peiraos interiores*, pensado para reivindicar a integración do porto na cidade e tamén o valor da ría coma conector metropolitano, reclamando a recuperación do barco como medio de transporte público para o que si é necesario reservar praza tal e como se indica a continuación.
*Embarque no peirao da Mariña
INSCRICIÓNS PECHADAS – MOITAS GRAZAS POR NOS ACOMPAÑAR
Ramón Marrades é economista urbano, experto nas relacións porto-cidade e ex-director técnico de Marina de Valencia, que presentará un interesantísimo traballo, “Puerto del futuro”, que define coma “unha mirada propositiva cara as infraestruturas portuarias e a súa interacción con cidades e territorios”.
Os comentarios están pechados.