Sen categorizar

#HaiMarea no Medio Ambiente

 

 

A Marea Atlántica, a iniciativa do 99% para a recuperación do Concello da Coruña, vén de facer público o programa electoral co que comezará o vindeiro 25 de maio a construción dun novo modelo de cidade máis democrático, transparente e sostible.

Este mércores 29 de abril, a Marea presenta as súas principais propostas medioambientais nun acto pensado para falar e para escoitar a opinión das xentes da Coruña nos eidos da ecoloxía urbana, a enerxía, a defensa animal e a mobilidade.

A presentación terá lugar na Praza das Conchiñas ás 19 horas. O lugar escollidoé unha boa mostra da situación ambiental dos barrios da cidade.

O candidato da Marea á alcaldía, Xulio Ferreiro, e a poeta Estíbaliz Espinosa acompañarán ás representantes da Marea no acto.

#HaiMarea no Medio Ambiente!

 

 

Have your say