Saltar ao contido
Rolda de prensa da plataforma Galicia pola República

A dita convocatoria será unha concentración o vindeiro xoves, 20 de agosto ás 20.00h no Obelisco.

A Marea Atlántica, incorporará as propostas da plataforma republicana na moción que se debaterá no pleno de setembro.

 

A Marea Atlántica celebra e apoia a iniciativa da  plataforma constituída por 25 entidades, Galiza pola República, que propón diversas accións cidadás para solicitar un referendo sobre a institución da monarquía como depositaria da xefatura do estado.

Os últimos acontecementos relacionados coas actividades económicas do rei emérito e a súa fuxida deslexitiman aínda máis unha institución sobre a que a cidadanía ten que poder decidir. É por isto que a Marea Atlántica presentei unha moción para o seu debate no pleno de setembro que se enriquecerá coas propostas da plataforma Galiza pola República que fai aos diferentes estamentos públicos.

Investigacións, xustiza e consulta á cidadanía

Devanditas propostas inclúen que que se investiguen as actividades económicas de Juan Carlos de Borbón dende 2014, e mesmo dende antes, cando exercía de xefe do estado; e no caso, de confirmarse as sospeitas, que o emérito sexa xulgado por corrupción, devolvendo os fondos conseguidos ilicitamente.

Respecto á súa fuxida, a proposta insta ao Goberno do Estado a que explique cal foi o seu papel.

Asemade, proponse que se lle retiren títulos e honras, tamén na Coruña, no marco da Comisión Municipal de Memoria Histórica e Democrática. Esíxese tamén a derogación do delito de inxurias á Coroa por coartar a crítica política arquivando, en consecuencia, os procesos abertos por esta causa, xa que como hoxe recoñeceu o tribunal, trátase do dereito a liberdade de expresión.

No correspondente á opinión da sociedade, a Marea Atlántica incluirá na moción tanto que o CIS introduza a valoración da monarquía en futuros estudos demoscópicos, como que comecen a darse os pasos necesarios para consultar á cidadanía sobre a monarquía como depositaria da xefatura do Estado.

Dende a Marea Atlántica consideramos que este é un debate de gran interese público e non hai nin argumento válido nin motivo que impida consultar á cidadanía. Querer saber e querer decidir é un exercicio de fortalecemento democrático fronte aos privilexios e abusos de poder.

A Marea Atlántica apoia a convocatoria de Galiza pola República para pedir un referendo sobre a Monarquía