Saltar ao contido

 A Marea Atlántica apoia ás reivindicacións laborais en Extel fronte aos abusos de Abai Group consentidos por Telefónica

Alberto Lema: “Os abusos laborais, con despidos, presións e violación de dereitos, están a acadar niveis intolerables nesta empresa de telemarketing, un sector xa de por si moi  precarizado, e con maioría de emprego feminino” 

A Marea Atlántica quere denunciar o empeoramento progresivo das condicións de traballo en Extel Contact Center, empresa de telemarketing que da servizo a Telefónica-Movistar e mantén 620 empregos na Coruña, na súa maioría desempeñados por mulleres. Tras reunirse con representantes do comité sindicais de Extel, o voceiro provincial da Marea Atlántica denuncia que a empresa esta a “acadar niveis intolerables de precariedade e abusos laborais desde que en 2020 pasou a estar controlada por Abai Group”

É sabido que o sector do telemárketing é un sector precarizado e feminizado, onde a explotación laboral está lamentablemente á orde do día, pero as malas prácticas dos novos propietarios de Extel van un paso máis alá. O centro de chamada da Coruña está a ver un incremento da carga de traballo que non se afronta con novas contratacións, senón con métodos de presión que lembran a tempos pretéritos.

Con obxectivos imposibles de cumprir, despedimentos e sancións inxustificadas para amedrentar, denegación sistemática da conciliación ata o punto de obrigar ás traballadoras a denunciar para que se respecten os dereitos que outorga a lei… As consecuencias para a saúde física e mental do cadro de persoal comezan a facerse evidentes.

Incúmprense, ademais, todos os acordos laborais acadados previamente co Comité de empresa, tan importantes coma o calendario de vacinacións, sen que exista negociación de ningún tipo e nun clima de total desprezo pola negociación colectiva. Por este motivo, a Marea Atlántica quere sumarse ás reivindicacións laborais das traballadoras e traballadores de Extel, e apoiar todas as mobilizacións que convoque o Comité de Empresa en defensa dos seus dereitos.

 

Extel: unha historia de abusos laborais cometidos por Abai Group e consentidos por Telefónica