- Este evento pasou.
Xornadas sobre dereito á vivenda | O mercado contra a cidade
15 Febreiro, 2020 | 10:00 a.m. - 8:00 p.m.
> Descarga aquí o programa completo das xornadas <
O próximo día 15 de febreiro, a partir das 10h, no Centro Cívico de Monte Alto, celebramos as xornadas O mercado vs a cidade, sobre o dereito á vivenda, cos seguintes obxectivos:
- Analizar a situación da vivenda na cidade da Coruña, poñendo unha atención especial na problemática dos prezos dos alugueiros, a presenza de grandes propietarios na cidade e a cuestión dos pisos baleiros en propiedade de entidades financieiras, así como na influencia da vivenda de uso turístico nos prezos do alugues e a infravivenda.
- Coñecer as distintas posibilidades que, desde a perspectiva das políticas públicas, ofrecen unha alternativa ao actual modelo de vivenda, contrastando as opcións aplicadas en diferentes cidades e reflexionando sobre a súa posible adaptación á cidade da Coruña.
- Reflexionar sobre o papel estratéxico do sindicalismo social e os movementos na loita polo dereito á vivenda de xeito que, partindo dos antecedentes históricos, podan analizarse as distintas experiencias que a nivel do Estado constitúen a vangarda neste ámbito e promovendo o debate sobre a relación deste tipo de iniciativas coa política feita dende as institucións e as potencialidades que abren na cidade da Coruña.
- Deseñar colectivamente estratexias que permitan visibilizar o conflicto xerado ao redor do dereito á vivenda, tomando como punto de partida a propia xornada e buscando xerar sinerxias entre actores presentes neste ámbito, tanto na cidade como no Estado, que permitan impulsar e desenvolver proxectos no futuro inmediato.
Así, a xornada terá unha estrutura artellada en torno a tres momentos, que buscarán intercalar o formato palestra centrado no análise e reflexión co traballo por grupos abertos a todas as persoas que participen na sesión.
> Descarga aquí o programa completo das xornadas <
A entrada será libre a todas as sesións.