Novas da Marea

NEW Calendario primarias

Estas son as candidaturas das primarias na Marea Atlántica

 

O martes 24 de febreiro ás 23.59 horas, segundo o estabelecido polo regulamento, rematou o prazo para a presentación de candidaturas ás primarias da Marea Atlántica. O Órgano de Arbitraxe recibiu unha única candidatura individual para encabezar a lista, a de Xulio Ferreiro Baamonde, e outras cinco que optan ao resto dos postos. Este venres, emendados os erros que sexa preciso emendar e entregada a documentación que sexa demandada, estas candidaturas serán proclamadas definitivamente coincidindo co inicio da campaña. Esas serán as que os electores e as electoras poderán votar os vindeiros 7 e 8 de marzo.

Esta é a relación completa de candidaturas presentadas:

Candidatura Individual á Cabeza de Lista


Listas abertas

Cidadanía en Común

  1. Rocío Fraga Sáenz
  2. Xiao Varela Gómez
  3. María Eugenia Vieito Blanco
  4. José Manuel Sande García
  5. Claudia Delso Carreiro
  6. Santiago Lamelo Fagilde
  7. Begoña Inés Romero Quintela
  8. Pablo Leira Canedo
  9. María García Gómez
  10. Marcos Sampedro Vidal

Ardentía

  1. María Sonia Sainz Suárez
  2. Xosé Aller Viaño
  3. Beatriz Guiance Rostro
  4. Alejandro Lorenzo Álvarez

Somos Coruña

  1. Antón Fernández de Rota
  2. Iria López Iglesias
  3. Rosendo González Núñez
  4. María Antonia Trillo Blanco
  5. Ángel Vázquez de la Cruz
  6. Zorahaida Casales Alonso
  7. Roberto Vilariño de la Rosa
  8. Teresa Mendi Villarejo
  9. Sergio Irigoyen Vázquez
  10. Rosa Espiñeira Pan

Plataforma 14 de Abril

  1. Silvia Cameán Calvete
  2. Alberto Lema Suárez
  3. Alicia Alonso García
  4. Alfonso Mascuñana Bordas
  5. María Gema Rivera González
  6. Rafael García Bello
  7. María Victoria Mejuto Vilas
  8. Serafín Mourelle Bugallo
  9. Alejandra del Río Grela
  10. Nicanor Acosta Alonso

Onda Verde

  1. Daniel Díaz Grandío
  2. María José Durán Domínguez
  3. José Ricardo Saavedra Castro
  4. Olga Burque Hodgson
  5. José María Jiménez Bernal
  6. Carolina Martínez García

3 comments

  1. Mágoa que non sexa Manuel Rivas o candidato á alcaldía. É o único nome que coñece a xente do común. Con todos os meus respectos para os candidatos e a falta de ver as fotos, todos eles son uns auténticos descoñecidos para a cidadanía. Áparte de que cumprirá unha importante campaña para dar a coñecer os seus curriculums e máis os seus méritos en médios de comunicación moi caros (internet é alleo para a maioría da poboación de máis de 50 anos), tamén cumpren nomes coñecidos como gancho en postos destacados e non na cola, sen ningunha posibilidade de seren electos. Despois das eleccións, xa poderán ceder os seus postos no seu momento. Tamén boto de menos a Roberto Rivas, o bombeiro antidesafiuzamentos, que foi uns dos 99 asinantes orixinais do manifesto. Sería un magnifico representante dos funcionarios municipais e dos movementos de loita social na Coruña.

    Responder
    • Suscribo o comentario ó cen por cen.

      “8.2. Reservas de postos
      A lista de titulares da candidatura da Marea Atlántica será completada con persoas de consenso que pola súa proxección pública avalen todo o proceso, con este fin serán reservados un máximo de 4 postos ao final da lista.”

      Haberá forma de modificar este artigo, eliminando o de “ao final da lista”?

      Que opinades?

      Responder
  2. Vou participar nas primarias e votarei a candidatura de MAREA ATLANTICA, unha vez ditoi esto, quero manifestar a miña discrepancia sobre o sistema para elexir a candidatura. Supónse que estas persoas queren dar transparencia e democracia o sistema que estamos a padecer en este país. Unha das lacras máis impresentables do noso sistema e a lei electroral baseada no sistema D’hont que sería algo que hai que modificar e implartar o sistema directo de cada persoa un voto. Non me gusta a cantidade de filtros que se impuseron no sistema polo que se rixe a MAREA ATLANTICA. Paréceme un erro prohibir que o cabeza de lista sexa un politico membro de un partido xa coñecido. Iso e un prexuizo de que todolos politicos habidos ata de agora son sospeitoso e penso que polo contrario hay bastantes na nosa cidade que non teñen nada de que avergoñarse y con unha clara traxectoria de loita polos dereitos dos cidadáns e pola liberdade. Q”uero ver agora tendo en conta os medios de comunicación da nosa cidade, como somos capaces de facer chegar a cidadanía o programa electoral así como os historiais de cada un dos candidatos que indiquen a súa traxectoria e a súa honestidade que os diferencie da morralla que tivemos que padecer ata de agora.

    Responder

Reply to Suso Mosteiro

Cancel reply