No marco da rolda de contactos con axentes colectivos da Coruña que lanzamos hai unha semana, a Marea Atlántica reuniuse onte cunha representación da Asociación de Veciños Cidade Vella, formada pola súa presidenta, Rosa Quiroga, e outros membros da súa directiva. Unha vez presentadas as liñas xerais do proceso de rebelión democrática que se propón, atendemos as súas preguntas e tratamos de resolver as dúbidas que puxeron sobre a mesa. Por último, animámolos a participar individualmente, non como entidade veciñal, na inminente Marea da Cidade Vella. Gustaríanos, e así llelo manifestamos, que na marea confluíse tamén toda a súa experiencia de loita e o seu traballo no barrio.
Encontro coa AVV Cidade Vella

Entradas relacionadas

Maestranza: alegamos para protexer o espazo público e o patrimonio arqueolóxico no Campo da Estrada
María García: “Estamos ante un proxecto que pon en risco o último espazo aberto da Cidade Vella, a carón do mar, e a conservación dos… Ler máis »Maestranza: alegamos para protexer o espazo público e o patrimonio arqueolóxico no Campo da Estrada

Licitadas as obras para a creación de vivenda social na rúa Marques de Pontejos, froito do pacto entre a Marea Atlántica e o goberno local
A contratación das obras para rehabilitar un edificio de cinco vivendas, por un importe de 1,75 millóns, forma parte do acordo para os Orzamentos 2022… Ler máis »Licitadas as obras para a creación de vivenda social na rúa Marques de Pontejos, froito do pacto entre a Marea Atlántica e o goberno local

Solicitamos acceso aos contratos municipais para as “festas por sorpresa” na semana do Rosario
Pedimos unha explicación sobre os motivos para anunciar o programa na mesma tarde na que comezaban as actividades e concertos No último Pleno, o PSOE… Ler máis »Solicitamos acceso aos contratos municipais para as “festas por sorpresa” na semana do Rosario