Saltar ao contido

Hoxe é o Día Internacional contra a corrupción. E desde a Marea Atlántica queremos lembrar:

A corrupción política, en termos xerais, é o mal uso do poder público para conseguir vantaxes ilexítimas, habitualmente de forma secreta e sempre para beneficio privado. O termo oposto á corrupción política é a Transparencia, que se complementa con participación e control cidadán. No momento presente, as formas de corrupción varían, pero entre as máis comúns destacan algunhas que, tristemente, atopamos día si e día tamén no goberno e nas nosas institucións: uso ilexítimo de información privilexiada, tráfico de influencias, manipulación electoral, suborno, extorsión, fraude, malversación, prevaricación, caciquismo ou a posta en marcha de redes clientelares.

Unha situación de corrupción política sen restricións que vén sendo chamada cleptocracia ou, literalmente, «o goberno dos ladróns».

#FóraMafia

 

811116743_64428

 

 

 

En serio queres que sigan gobernando eles?