Saltar ao contido

photo_2014-12-11_15-24-53.

 

O arrepiantemente estable dunha serie de números nos últimos anos: 71, 84, 68, 85, 67, 57, 57…

O absurdo e terrible desta serie de cifras anuais é que non acabemos de darnos conta de que, detrás destes crimes, existe un entramado de comportamentos e actitudes tristemente arraigado. Esta violencia simbólica -en maior ou menor medida, sendo máis ou menos evidente- xira arredor do desprezo, invisibilización, desconsideración, obxectualización e paternalismo cara á muller.

Sen sermos conscientes desa violencia simbólica, transversal a moitas das relacións que establecen homes e mulleres en todo o mundo, sen inventar mecanismos para freala, modificala, volvela fóra de lugar, seguiremos dando cifras e falando de violencia de xénero. Violencia dexenerada. Violencia machista. Unha violencia ancorada no patriarcado.

En realidade, crimes. Asasinatos contra a metade da humanidade. No fondo, actitudes, ideoloxías, doutrinas, consideracións.

 

Cómpre reformatearnos as ideas en canto ao xénero.

Cómpre recablearnos.

Volver o invisible, visible.

Denunciar.

Dende a Marea, denunciamos.

E punto.

 

 

Existen medidas municipais ao noso alcance para completar e mellorar a cobertura nos servizos de apoio a mulleres en situación de violencia:

:: ampliar a cobertura dun servizo como o CIM [o Centro de Información ás Mulleres] ::

:: reformular a Casa de Acollida ::

:: educación sobre xénero en centros cívicos dependentes do Concello::

e punto