Novas da Marea

Diálogo en Compostela sobre unha candidatura de confluencia

A Marea Atlántica saúda a iniciativa, pero non formará parte dos grupos que xurdiron dela, por non estar a súa postura avalada pola Rede

A Marea Atlántica participou onte no concorrido encontro de iniciativas municipais en Compostela. Na xuntanza abordáronse os puntos que hai en común, manifestouse a disposición a dialogar e evidenciouse a necesidade da existencia dunha candidatura para as eleccións xerais que englobe ás distintas sensibilidades e actores que conforman a MA.

Con este fin, a Marea Atlántica considera este como un máis dos distintos encontros de cara á construción dese espazo de confluencia. Aínda saudando a iniciativa do día 13, a Marea Atlántica non formará parte dos grupos xurdidos dela ao non estar esa postura avalada polo noso máximo órgano de decisión, a Rede, á que se trasladará o debate.

1 comment

  1. Non sei a que esperades para abrir o debate sobre a posición da MA

    Responder

Have your say