Saltar ao contido
pazo municipal deportes riazor

A comezos de xuño o concelleiro de Deportes anunciaba que o Concello asumiría o protocolos de desinfección e limpeza desta instalacións para “botarlles unha man ás entidades deportivas”, pero hai queixas de que non se están facendo cargo.

 

A Marea Atlántica rexistrará preguntas pedindo explicacións ao goberno municipal sobre por que Concello non está asumindo a limpeza e desinfección do Pavillón Deportivo Municipal de Riazor, tal e como anunciaba públicamente o 9 de xuño.

Segundo mantén Xiao Varela, “Neste momento son os propios clubs deportivos os que, de maneira voluntaria, están asumindo esta tarefa. O concelleiro de Deportes, o Sr. Borrego, comprometeuse a asumir estas labores dende o Concello pero non o está facendo e non se trata dunha cuestión menor no actual momento da pandemia”.

Dende A Marea Atlántica agardamos que se solucione canto antes esta situación tan anómala como delicada e que os clubs deportivos da cidade conten efectivamente co apoio anunciado hai xa máis de dous meses.

A Marea Atlántica preguntará no pleno sobre a limpeza e desinfección do Pavillón Deportivo de Riazor