[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text]
Tres de cada catro medidas pactadas para permitir a investidura de Inés Rey seguen sen cumprirse 14 meses despois, e non hai sinais de mellora
A inmensa maioría dos proxectos introducidos pola Marea Atlántica nos Orzamentos 2020 seguen sen executarse
A Marea Atlántica vén de rexistrar unha batería de preguntas de resposta escrita para o Pleno deste xoves 10 de setembro, nas que lle reclama ao goberno municipal explicacións sobre o inaceptable grao de incumprimento dos acordos que permitiron a investidura de Inés Rey e a aprobación dos orzamentos e ordenanzas fiscais de 2020 no Concello da Coruña.
Deste xeito, preguntarémoslle ao grupo de goberno por que está a “incumprir sistematicamente os acordos coa Marea Atlántica” asinados para executar o primeiro ano de mandato. Como denunciamos xa en maio, tres de cada catro puntos do acordo de investidura seguen sen cumprirse. Chegado setembro non hai indicios de mellora malia que a maioría eran liñas de traballo xa iniciadas e avanzadas durante o pasado mandato.
Neste listado inclúense cuestións como crear un operador enerxético 100% municipal, a redución das tarifas de bus para maiores de 65 e menores de 25 anos, a creación dunha bolsa pública de alugueiro, conservar os Orzamentos Participativos ou a procura dunha solución para a veciñanza de San Vicenzo de Elviña.
Incumprimentos e transfuguismo
O balance do acordado para os orzamentos non é mellor. Das 123 medidas que a Marea Atlántica introduciu nas contas municipais, a inmensa maioría segue pendente, e polo menos 45 foron incumpridas de xeito deliberado. Entre elas, a mellora do saneamento ao seu paso pola depuradora de Bens para evitar a entrada de auga salgada, o mantemento dos concursos públicos para financiar proxectos culturais e unha parte significativa das obras nos barrios.
A situación non é boa, e o xiro á dereita que o PSOE vén de realizar coa incorporación dunha concelleira tránsfuga procedente de Ciudadanos, apartándose do que votou a cidadanía en 2019, non invita ao optimismo. Semella que o Partido Socialista da Coruña está máis cómodo afastándose do bloque progresista que lle deu a Alcaldía hai quince meses.[/fusion_text][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]