Saltar ao contido

Por Celia Parra

Marea Animalista

Houbo unha tregua no dioivo, e a chuvia deixou de ser ameaza. Decenas de narices abandonaron o seu acubillo, percorreron as rúas seguindo un rastro azul no aire e ventaron o ruxir dunha nova marea. Alí, ó pé do Parque de Santa Margarita, decenas de nariciños con dúas e catro patas reuníronse para conformar a Marea Animalista.

Panorama_animalista2

 

Cadaquén ladrou a súa disconformidade coas actuais políticas de cara ós animais na cidade. Agudizouse o olfacto ata chegar a unha análise de problemáticas ben concretas, e propostas clave para solucionalas. Entre elas, estalou o berro común de acabar cos espectáculos con animais, sexan circos ou touradas. E de denunciar casos coma o da nosa cidade, onde estas últimas son subvencionadas de maneira encuberta.Púxose especial atención na nefasta xestión da canceira municipal, que sacrifica cans da rúa coma se fosen residuos ante a total indiferenza do Concello. Pediuse un maior control das colonias felinas, que pasaría pola instalación de gateiras en certos puntos da cidade e o establecemento dunha normativa que permita alimentalas e acollelas. Unha normativa que elimine as multas actualmente impostas por alimentar non só a gatos, senón tamén a pombas. Propúxose asemade a elaboración dunha ordenanza municipal para controlar e multar o maltrato animal. E manifestouse o desexo dun transporte público inclusivo, apto para animais e persoas.

 

_MG_6977

 

Cada unha destas propostas ten unha raigame común que se foi facendo presente ó longo da xornada: a coexistencia e o respecto. Cómpre crear unha nova maneira de convivirmos cos animais no ecosistema urbano, recuperando a idea mesma de hábitat. Non queremos cidades-cemento, prazas sen árbores, parques acoutados. Cidades negro e gris. Cidades asépticas. Queremos espazos nos que transitar libremente, adaptados a nós e non á estética ou á produción.

 

_MG_7040

 

O ladrido dun can sumouse ó aplauso final, arrincando sorrisos nas presentes.No fondo, os nariciños de dúas e catro patas necesitamos o mesmo.

_MG_7046

crónica | Por fuciños, por dereitos