[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text]
Instamos ao goberno municipal a poñer en marcha canto antes o convenio coas salas de concertos, introducido pola Marea Atlántica nos Orzamentos e única medida real para este colectivo ata o momento
Iago Martínez: “Dámoslle todo o noso apoio e moitos azos ás salas de concertos. Son cultura, emprego, riqueza e un ben esencial. Unha cidade con música é unha cidade viva”
A Marea Atlántica denuncia a situación crítica do sector cultural na Coruña, derivada da pandemia, e urxe a Inés Rey, nova responsable desta área, a tomar medidas canto antes tras quince meses sen proxecto, sen medidas e sen interlocución co sector. O noso vicevoceiro, Iago Martínez, sinala que “o impacto da COVID está a ser durísimo, especialmente sobre o tecido cultural, como evidencian os informes do Consello da Cultura Galega, e xera grande inseguridade de cara o futuro. Este foi un ano practicamente perdido, e as perspectivas para o que vén son, como pouco, incertas”.
Tras reunirse co colectivo Clubtura, que representa ás salas de concertos de todo o país e tamén da Coruña, Iago Martínez traslada a preocupación do noso grupo pola grave situación económica que atravesa o sector, que nalgúns casos é verdadeiramente dramática. “Dámoslle todo o noso apoio e moitos azos ás salas de concertos. Son cultura, emprego, riqueza, memoria e actividade económica, ademais dun ben esencial. Querémolas abertas. Unha cidade con salas, con música, é unha cidade viva”.
Neste sentido, instamos ao goberno do PSOE a poñer en marcha, con urxencia, o convenio con Clubtura para a creación dun festival de bandas locais, descentralizado, que debe adaptarse á situación sanitaria e contar con actuacións online, como están a facer moitos concellos. Foi introducido pola Marea Atlántica como modificación ao orzamento no mes de xullo e segue pendente de materializarse a tres meses de que remate o ano. Ata a data, é a única medida real e efectiva para este sector na Coruña.
É preciso atender debidamente ás salas de concertos, cousa que polo de agora non están a facer nin a Xunta de Galicia nin o Concello da Coruña. É necesario escoitalas e habilitar medidas específicas: non están cubertas convenientemente polo Bono Cultura e as axudas ao gasto corrente do plan de choque aprobado de xeito unánime por todos os grupos municipais da Corporación levan meses paralizadas.
[/fusion_text][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]
Un mandato sen políticas culturais
Iago Martínez engadiu que “en quince meses, o balance das políticas culturais deste goberno é moi negativo, e o cese fulminante de Jesús Celemín só está a causar, de momento, máis confusión. A área de Cultura segue borrosa, e nin sequera podemos fiscalizala porque a súa teórica responsable non se somete ao control da oposición nas comisións plenarias”. Pedimos claridade, transparencia, normalidade democrática, ideas, escoita e moito traballo por parte do goberno municipal. E, tal e como reclamaba a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural nun comunicado esta semana, persoas cualificadas á fronte.
Hai meses, desde o inicio da pandemia, que propoñemos un plan de choque para facer da Coruña un porto refuxio da Cultura. Tivemos e temos a man tendida, pero non hai resposta por parte do executivo local. En lugar dun porto, temos un deserto: compromisos rotos, un recorte de 700.000 euros no IMCE e un Bono Cultura que nace como unha proposta da Marea Atlántica pero que se materializa de xeito moi ambicioso e nada social.
“Xa non pode negarse que 2021 vai ser un ano moi difícil para as persoas e colectivos vulnerables. A crise vaise acentuar, só estamos a ver o seu prólogo. E o sector cultural, polas súas singularidades e pola alta dose de precariedade no emprego, vaino acusar. Non se pode repetir o desastre deste 2020. Sen proxecto para o sector, sen traballo cooperativo cos profesionais, sen investimento público, sen imaxinación para superar as restricións da pandemia, o futuro é negro”, sinala Iago Martínez.
Por parte da Marea Atlántica, continuaremos a escoitar ao sector e a traballar man a man coas súas profesionais. A xuntanza mantida esta semana con Clubtura foi o noso segundo encontro en poucos meses, e continuamos nunha nova rolda de conversas cos colectivos e entidades culturais da Coruña. Non poden quedar abandonados.
[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”9092|600″ max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”none” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2020/07/20200730_SGR_GM_MA_pleno_extraordinario_GR_3802-600×400.jpg[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]