Saltar ao contido
bombilla

Cúmprese un mes desde que se constituíu a Comisión Técnica para poñer en marcha o operador enerxético local, sen máis avances desde o 12 de abril

A empresa eléctrica municipal forma parte dos acordos que o PSOE asinou coa Marea Atlántica, como unha resposta pública ás crises climática e enerxética

Despois dun mes sen novos avances, a Marea Atlántica insta ao goberno local a non esquecer a posta en marcha dunha empresa municipal de enerxía, cumprindo os acordos asinados co noso grupo para facer posible investidura da alcaldesa e os Orzamentos 2022. O seguinte paso debe ser a formalización dun convenio coas Universidades da Coruña e Santiago para deseñar técnica e xuridicamente o novo ente.

Hoxe cúmprese un mes da primeira xuntanza da Comisión Técnica de Estudo para poñer en marcha o operador enerxético municipal, e desde aquela non se comunicaron avances por parte do goberno local. “O Concello da Coruña xa debería contar co apoio de persoal investigador universitario neste proxecto pioneiro, unha empresa de enerxía 100% pública e con fontes 100% renovables, polo que instamos ao PSOE a cumprir o acordado e tramitar xa o convenio coa UdC e a USC”, sinala a nosa voceira, María García. 

Ademais, é necesario seguir avanzando nos outros acordos sobre políticas enerxéticas asinados co goberno local: completar o Mapa das Enerxías Renovables, para identificar as potencialidades da cidade na obtención de enerxía, e poñer en marcha  a Oficina da Enerxía para atención cidadá en cuestións de aforro, eficiencia e tarifas.E poner en marcha o proxecto piloto para producir enerxías renovables no espazo público da Coruña, que conta cunha partida dedicada nos Orzamentos 2022.

Como explica María García explica que “desde o Concello, desde todas as institucións, temos que afrontar a crise dos prezos da enerxía e o cambio climático, dous problemas moi reais, que afectan á vida de toda a cidadanía, e que requiren respostas reais, non só xestos e declaracións”.

O goberno local ten que formalizar canto antes o convenio coas universidades para crear a empresa eléctrica municipal