Saltar ao contido

O Concello ten que deixar traballar con entidades bancarias que pechen oficinas na cidade e deixen sen servizo a barrios coma Novo Mesoiro, Feáns ou O Castrillón

O grupo municipal da Marea Atlántica defenderá no Pleno da Coruña unha moción contra a desaparición da última oficina bancaria que dá servizo aos barrios de Novo Mesoiro, Mesoiro Vello, Feáns e Urbanización Breogán, a do banco Sabadell, ameazada de peche no ERE da empresa. A concelleira Claudia Delso “reclama que o Concello da Coruña tome partido, medie para evitar peches, e estude a posibilidade de retirar os fondos municipais das entidades bancarias que recorten oficinas e servizos na cidade”

Neste sentido, recollemos as demandas da AVV de Novo Mesoiro, que sinala o paradoxo de deixar sen servizos bancarios a un barrio construído a partir dos plans de vivenda da Xunta, polo que todas as persoas que mercaron vivendas tiveron que consignar hipotecas con entidades bancarias que tiñan oficinas na zona, pero que xa desapareceron. 

Non é un caso único. A banca amasa beneficios mentres destrúe emprego, e sen devolver un peso dos cartos públicos que acaparou na última crise Galicia perdeu a metade das súas oficinas bancarias desde 2008 e hai 10 concellos na provincia da Coruña que non teñen xa ningunha sucursal, como denunciamos desde a Deputación. Na cidade, cómpre lembrar que o barrio do Castrillón perdeu en xuño de 2020 a última oficina bancaria, sen que o goberno municipal fixese nada para impedilo.

Reclamamos no Pleno que o Concello medie para evitar o peche da última oficina bancaria de Novo Mesoiro