A Marea Atlántica ten un compromiso coa transparencia, un compromiso real. Por iso, facemos públicas as nosas contas, para que a cidadanía poida fiscalizar e valorar como e en que investimos os nosos recursos.
Periodicamente, continuaremos a publicar estes informes para que a cidadanía poida comprobar que temos as #ContasClaras. Pero cómpre lembrar que, alén dos cartos, a Marea Atlántica existe grazas a todas as persoas que colaboran con ela, de xeito desinteresado e xeneroso, poñendo o seu esforzo, talento e ilusión para erguer, entre todas, este proceso xurdido e xestionado desde abaixo. Se queres, podes colaborar con nós para que suba a marea, porque #cadapingasuma.
Contas anuais
Procedemento de Control Interno
O presente documento responde á obriga recollida no artigo 15 da Lei Orgánica 8/2007, de 4 de xullo, sobre financiamento dos Partidos Políticos (en diante, LOFPP), polo cal “os partidos políticos deberán prever un sistema de control interno que garanta a axeitada intervención e contabilización de tódolos actos e documentos dos que se deriven dereitos e obrigas de contido económico, conforme aos seus estatutos.forme aos seus estatutos”.