Saltar ao contido

Co novo ano abriremos unha conta e comezaremos unha campaña para financiar a Marea Atlántica de maneira cooperativa e transparente, baixo un código ético que estamos a elaborar. Queda moito por diante, moitas necesidades por cubrir. Como dicían as compañeiras de Guanyem: botar a mafia da cidade non ten prezo, pero ten un custo. E témolo que asumir entre todas.

Dende o seu nacemento, a Marea Atlántica vénse financiando con achegas voluntarias das mareantas e os mareantes, das persoas que participan no día a día do proceso. Nos vindeiros días publicaremos un resumo de todos os gastos e ingresos que tivemos dende o verán até agora.

O pasado venres 19 de decembro organizamos un acto no Paraninfo da Universidade da Coruña. Aproveitando a súa presenza en Galicia, convidamos a Ada Colau a manter unha conversa aberta á participación do público cun dos primeiros 99 asinantes da Marea Atlántica, o xornalista e escritor Manuel Rivas. Máis de 400 persoas, moitas de pé, participaron nun acto rebordante de ilusión.

Para financiar o aluguer do espazo (370 euros) e o que gastamos empapelando a cidade co cartel do acto (150 euros), as compañeiras do grupo de traballo de Loxística puxeron uns petos na entrada do auditorio cos que recadamos 517,96 euros, case o mesmo que gastaramos.

Así, entre todas, si. Hai marea!

#HaiMarea

#MareaClara

 

_MG_9538

_MG_2680

_MG_3010

 

Contas claras | Marea transparente