Saltar ao contido

Será unha iniciativa pública, con fontes de enerxía 100% renovables e unha resposta fronte á emerxencia climática e a pobreza enerxética. Conta con representación de todos os grupos políticos

A Comisión Técnica de Estudo para poñer en marcha unha empresa eléctrica municipal constituíuse formalmente esta mañá cunha reunión de traballo no Concello da Coruña. Está formada por persoal técnico municipal, contou con presenza de Emalcsa e de todos os grupos políticos da Corporación, e contará tamén co apoio de persoal investigador das universidades da Coruña e Santiago de Compostela.

A posta en marcha deste operador enerxético é froito do acordo entre a Marea Atlántica e o goberno local para promover a utilización de fontes de enerxía 100% renovables para loitar contra a pobreza enerxética e o cambio climático por todas as vías.

“Nun contexto de suba implacable da factura da luz, empobrecemento da poboación e emerxencia climática, as administracións teñen que actuar, tamén o Concello da Coruña”, sinala María García.

O comité está formado por persoal técnico do Concello, das áreas de Medio Ambiente, Economía, Infraestruturas e Innovación, ademais de por representantes de todos os grupos políticos con representación no Pleno.

Constituída a Comisión Técnica de Estudo para a eléctrica municipal