Saltar ao contido

Na Xunta de Portavoces celebrada o 8 de abril, todas as forzas políticas respaldaron a proposta da Marea de ampliar a transparencia dos contratos menores

As deputadas da plataforma cidadá aclararon o contido das súas propostas, que non obriga a sacar a concurso todos os contratos, como se interpretara erroneamente nun comezo

Na Xunta de Portavoces da Deputación da Coruña, celebrada o pasado venres 8 de abril, todas as forzas políticas respaldaron as emendas da Marea Atlántica ás bases da execución do orzamento da institución provincial.

Coa súa aprobación, o goberno do PSOE e o BNG non só estará obrigado a publicar na súa páxina web a adxudicación de todos os seus contratos menores (acordo do último Pleno) senón que para os de tramitación ordinaria deberán anunciarse tamén a súa licitación na web (perfil do contratante). Así mesmo, deberanse facer públicos tamén por este medio -no perfil do contratante- aqueles contratos que se anuncien na prensa ou en diarios oficiais.

O acordado na xunta de portavoces, aceptando as propostas da Marea Atlántica, supón que nos contratos menores de tramitación ordinaria, o goberno provincial ademais de poder “convidar” a un mínimo de 5 empresas, deberán tamén anunciarse na web, sempre e cando o importe supere os 6.000€ (para obras), os 3.000 euros (para subministros ou servizos). Dito anuncio na web antes non era obrigatorio, e agora si, a proposta da Marea.

As deputadas da Marea Atlántica precisaron tamén na súa proposta que para os restantes contratos menores (tramitación simplificada) deberán publicarse na web os anuncios da licitación, sempre e cando o goberno acorde publicitalos en diarios oficiais ou na web.

A Marea tamén precisa que ditas medidas de maior transparencia e publicidade na licitación dos contratos menores non supoñen ter que sacar a concurso todos e cada un dos contratos da Deputación. Simplemente son un avance na transparencia e publicidade da acción de goberno, áreas nas que a institución provincial ten moito que mellorar.

As propostas aprobadas foron as seguintes:

REDACCIÓN ALTERNATIVA BASE 28 – CONTRATOS MENORES :

APARTADO A (normas comúns a todos os contratos menores; último párrafo): Sustituir por “No caso de que, non estando obrigado a elo en aplicación da presente Base, o órgano de contratación decidise publicar anuncios da licitación en diarios oficiais ou en prensa, deberá publicarse tamén dito anuncio no perfil do contratante da Diputación. Non se liquidará importe ningún ao contratista adxudicatario polo reintegro de gastos de anuncios a cargo de contratistas.

En calquera caso, deberá publicarse no perfil do contratante os contratos menores suxeitos a tramitación xeral (incluidos no ámbito de aplicación do apartado A1 desta Base).

APARTADO A1 (contratos menores de tramitación ordinaria; terceiro párrafo) :

Onde di : “ O Servizo de Patrimonio e Contratación solicitará as ofertas mediante a publicación da convocatoria no perfil do contratante ou mediante a realización da consulta ás empresas que propoña a unidade xestora….”.

Debe dicir : “ O Servizo de Patrimonio e Contratación solicitará as ofertas mediante a publicación da convocatoria no perfil do contratante, con independencia da realización da consulta ás empresas que propoña a unidade xestora….”.

Consenso na Deputación sobre as emendas da Marea Atlántica para a transparencia dos contratos