Saltar ao contido

Trasladámoslle o noso pésame á familia e amizades da vítima, unha muller de 52 anos que foi asasinada polo único motivo de ser muller 

Toda a sociedade ten que traballar para erradicar a violencia machista, un problema estrutural que debemos eliminar de raíz


Desde a Marea Atlántica, queremos expresar a nosa máis rotunda condena fronte ao asasinato machista ocorrido esta madrugada no barrio do Birloque. Trasladamos tamén o noso pésame á familia e amizades da vítima, unha muller de 52 anos, que foi asasinada sen outro motivo que o de ser muller. 

Desta vez a máis negra cara da violencia machista golpeou na nosa cidade. Hai dous días foi en Villajoyosa, Alicante. No último Pleno gardamos 10 minutos de silencio polas mulleres asasinadas en xullo e agosto. Só neste 2021, son 62 as vidas borradas polo machismo. 

Non son casos illados, non son episodios de tolemia. Son as consecuencias do machismo enraizado na sociedade, que só se poderá eliminar se toda a sociedade traballa unida para conseguir a igualdade real. Vainos a vida en facelo. 

A nosa condena rotunda ao asasinato machista cometido esta madrugada no Birloque