Saltar ao contido

Este 21 de xuño, liberaron provisionalmente aos cinco membros de «La Manada» baixo fianza de 6.000 euros, a cinco violadores recorrentes, que poderán percorrer as rúas con total impunidade.

Volven impactarnos as resolucións xudiciais que consideran o “home” a medida do Universo, e non, aquí estamos a outra metade da humanidade, as mulleres que demandan verdadeira xustiza.

A alarma social, o feito de que centos de miles de mulleres saíran á rúa non foi motivo dabondo para que os xuíces decidiran manter en prisión provisional a estes depredadores sexuais.

A Xustiza Patriarcal non entende a dor, a ira ou a saciedade das mulleres.  Continúan a interpretar as leis na medida do seu xénero e esta vez non, esta vez non daremos un paso atrás.  Queremos xustiza para as mulleres.  Queremos ser escoitadas e que nos crean.  Non matamos ás nosas parellas e non mentimos, señores, non mentimos cando acusamos de violación, abuso e maltrato.

As mulleres queremos pasear libres pola rúa, estamos fartas de ser violadas, estamos fartas de que o noso corpo sexa de dominio para un público masculino. A xustiza que non protexa a nosa liberdade, que non protexa os nosos corpos, que non entenda situación de desvantaxe que padecemos as mulleres por ser mulleres, é unha xustiza machista. E a xustiza machista non é xustiza.

Comunicado da Marea Feminista ante a liberación dos violadores de “La Manada”