A voceira da Marea Atlántica, María García, mantivo hoxe unha reunión cos deputados Xan Xove e Antón Sánchez, para traslardarlles as propostas da corporación coruñesa

O acordo local impulsado por Marea Atlántica, PSOE e BNG esíxelle a Feijóo un maior compromiso coa cidade en materia de vivenda, educación medio ambiente e xustiza social, así como o cumprimento das promesas pendentes desde hai anos  

 

O Grupo Común da Esquerda trasladará ao Parlamento de Galicia as demandas para os Orzamentos da Xunta en 2002, que o Pleno do Concello da Coruña aprobou esta semana nunha sesión extraordinaria. O acordo local, impulsado pola Marea Atlántica, PSOE e BNG, demándalle ao goberno de Feijóo un maior compromiso coa área metropolitana máis dinámica de Galicia, e un maior investimento en vivenda, xustiza social, educación e medio ambiente, entre outras cuestións. A voceira municipal da Marea Atlántica, María García, mantivo hoxe un encontro cos deputados Antón Sánchez e Xan Xove, do Grupo Común da Esquerda, para darlles traslado das demandas asinadas pola corporación coruñesa.

O proxecto de orzamentos presentado por Feijóo para 2020 inviste na Coruña menos que a media, tanto en termos globais como en proporción por habitante. Ten graves carencias en termos de loita contra a crise climática, mobilidade sostible ou apoio aos servizos públicos, e recicla varias promesas da campaña electoral de 2016, que aínda están sen cumprir: é o caso do Plan Rexurbe no Orzán ou as vivendas sociais do Ofimático.

Doutra banda, as contas da Xunta ignoran varias dos compromiso pendentes na cidade da Coruña, como a Intermodal, o centro de saúde na Falperra, a recuperación dos peiraos interiores para uso público, o dragado da Ría do Burgo ou a Cidade das TIC. En resumo, trátase dun proxecto de Orzamentos que precisa melloras, e iso tentará introducir o Grupo Común da Esquerda a través das emendas.