O pasado martes 22 de xullo presentamos, na Ribeira do Cómaro, en Riazor, a proposta de proceso de confluencia e protagonismo popular e cidadán que lanza a Marea Atlántica. Seguindo a filosofía das portavocías múltiples e colectivas, Alfonso Mascuñana fixo a presentación do acto, Paula Tomé a introdución e lectura do manifesto e Vanessa Rivas, ademais de explicar os porqués do espazo elixido, sentou as bases do percorrido inicial da marea. Pola súa banda, Xiao Varela anunciou os pasos a dar nas próximas semanas, co lanzamento de mareas sectoriais e territoriais en distintos barrios da cidade. Finalmente, Manuel Rivas lembrounos as redes de solidariedade, xustiza social e pulsión democrática que conforman a memoria e a xenealoxía da cidade da Coruña. Unha cidade que queremos construír en común e que aspiramos a transformar no facer colectivo de “miles de dornas solidarias”.
Entradas relacionadas
A Marea Atlántica abre unha nova etapa para que recuperar a confianza da cidadanía e chama a mobilizarse fronte á dereita no 23X
A Marea Atlántica celebrou esta mañá unha asemblea no centro cívico de Monte Alto, coa asistencia de máis de 60 persoas e para facer un balance amplo dos malos resultados do 28M, que nos deixaron sen representación en María Pita, e para decidir sobre o futuro da organización. Tras o debate, a asemblea acordou o seguinte comunicado:
Xan Xove negociará coa Deputación para pacificar o tráfico na estrada principal de Feáns, especialmente de vehículos pesados
“Todas as iniciativas de naturalización urbana foron esquecidas ou recortadas nos últimos catro anos. A senda fluvial que conectaba o centro cívico co cemiterio de… Read More »Xan Xove negociará coa Deputación para pacificar o tráfico na estrada principal de Feáns, especialmente de vehículos pesados
Mover os Baixos: Como explica Inés Rey o fracaso do concurso de compra de locais baleiros?
O goberno local lanzou esta iniciativa, dotada cun millón de euros, sen publicidade nin difusión. E rematou coa presentación dunha soa oferta de compra O… Read More »Mover os Baixos: Como explica Inés Rey o fracaso do concurso de compra de locais baleiros?