Este luns tivemos na Praza de Azcárraga a segunda reunión de benvida da Marea Atlántica. Son encontros con aquelas persoas que se poñen en contacto cos grupos de traballo, a través do formulario de participación, para sumarse ao traballo, enorme, que temos por diante. A tal hora son algo máis de cen as persoas que o fixeron. Estes días, segundo as preferencias individuais e as necesidades colectivas, a inmensa maioría destas persoas empezará a incorporarse ás dinámicas de traballo, tanto nos grupos como sobre todo na convocatoria e organización de novas mareas, o verdadeiro pulmón deste proceso de rebelión democrática que iniciamos hai un mes na Coruña coa publicación do noso manifesto. Grazas a todas e a todos pola xenerosidade.
Entradas relacionadas

Xan Xove negociará coa Deputación para pacificar o tráfico na estrada principal de Feáns, especialmente de vehículos pesados
“Todas as iniciativas de naturalización urbana foron esquecidas ou recortadas nos últimos catro anos. A senda fluvial que conectaba o centro cívico co cemiterio de… Ler máis »Xan Xove negociará coa Deputación para pacificar o tráfico na estrada principal de Feáns, especialmente de vehículos pesados

Mover os Baixos: Como explica Inés Rey o fracaso do concurso de compra de locais baleiros?
O goberno local lanzou esta iniciativa, dotada cun millón de euros, sen publicidade nin difusión. E rematou coa presentación dunha soa oferta de compra O… Ler máis »Mover os Baixos: Como explica Inés Rey o fracaso do concurso de compra de locais baleiros?

Cando e como vai regular Inés Rey os pisos turísticos despois de que a Valedora do Pobo lle pida contas?
A Valedora do Pobo admitiu a trámite a queixa da Marea Atlántica pola falta de regulación dos pisos turísticos na Coruña En abril, temos case… Ler máis »Cando e como vai regular Inés Rey os pisos turísticos despois de que a Valedora do Pobo lle pida contas?
