O 28 de marzo, a Rede da Marea Atlántica aprobou a proposta de nomes presentada pola Coordinadora para completar os postos entre o número 21 e 27 da lista coa que a formación se presentará ás municipais do próximo 26 de maio. A Coordinadora destacou que, logo de que a lista de 20 persoas liderada por Xulio Ferreiro fose ratificada en primarias polos inscritos e polas inscritas da Marea, decidiuse deixar os sete seguintes postos para persoas que co seu traballo e compromiso favorecesen, ao longo dos anos, a consecución dunha cidade máis xusta e igualitaria. Trátase de homes e mulleres de distintas idades, profesións e barrios que simbolizan a diversidade e o compromiso social da Marea Atlántica.
- Demetrio Vázquez (21), histórico sindicalista e defensor dos dereitos laborais na Coruña.
- Dolores Ponte (22), activista social que leva anos favorecendo a cohesión social na cidade.
- Carlos Ares (23), guionista, presidente saínte da Academia Galega do Audiovisual e defensor da cultura de noso.
- Inés Cebreiro (24), profesora e activista feminista.
- Xulio Montero (25), mariñeiro, traballador e defensor do borde litoral
- Celsa Díaz Cabanela (26), Republicana de Honra 2019 e memoria viva da Coruña libertaria.
- Manuel Lago (27), profesor da Escola de Relacións Laborais da UDC, economista, sindicalista, defensor das liberdades e deputado autonómico.
Lembramos que os 20 primeiros postos da lista son:
- Xulio Ferreiro: Alcalde da Coruña. Profesor titular de Dereito e maxistrado suplente da Audiencia Provincial de Lugo. Dos Mallos, da Gaiteira e socio do Dépor.
- María García: Concelleira de Medio Ambiente.
- Xiao Varela: Concelleiro de Rexeneración Urbana.
- Silvia Cameán: Concelleira de Xustiza Social.
- Alberto Lema: Concelleiro de Economía Social e Emprego.
- Claudia Delso: Concelleira de Participación.
- Iago Martínez: Xefe de Gabinete da Alcaldía do Concello da Coruña e membro da Coordinadora da Marea Atlántica.
- Isabel Faraldo: traballadora do Servizo Galego de Saúde, coruñesa dos Mallos e activista en defensa do dereito sanidade pública, gratuíta e universal.
- Susana Soneira: Decana do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, e vicepresidenta do Consello Xeral de Graduados Sociais de España.
- Javier Pérez: Profesor de Formación e Orientación Laboral no CIFP Anxel Casal – Monte Alto.
- Natalia Balseiro: Profesional do eido cultural, durante trece anos na administración pública e outros cinco como independente.
- Adrián García Seijas: Formado en Ciencias Políticas e Asesoramento Xurídico en Medio Ambiente. Traballador en precario do telemárketing. Integrante do comité de empresa de Extel na Coruña.
- Leticia Barbadillo: Comunicadora e profesora en formación. Activista pola educación pública e os dereitos das persoas diversofuncionais.
- Mariano Fernández Cabarcos: Autoempregado da xestión cultural e socio fundador de CUAC FM.
- Gema Rivera: Enfermeira e xubilada. De familia de xente do mar. Sindicalista. Comprometida na comunidade educativa.
- Antía Garrote: Tiitulada en Humanidades e traballadora en precario. Vencellada aos movementos estudantís por un ensino público de calidade.
- Rubén Pérez: Activista dos dereitos e o benestar animal. Impulsor da eliminación das touradas na Coruña.
- Ángeles Huerta: cineasta, profesora da Escola de Idiomas da Coruña, doutora en Literatura Comparada e premio Mestre Mateo 2017 ao mellor documental.
- Ricardo Cao: Catedrático de Estatística na UDC, da que foi vicerreitor entre 2012 e 2015. Defensor da universidade pública.
- Stephanie Ordóñez: Xornalista. Licenciada en Filoloxía Hispánica. Activista social e ecoloxista.
Benvida ás persoas voluntarias
Por outro lado, o local da Marea Atlántica (praza dos Ovos) acollerá mañá, sábado 30 de marzo, ás 12.00 horas, o acto de recepción das persoas que se inscribiron no voluntariado, veciños e veciñas que axudarán a montar unha campaña de cara ás eleccións municipais na que non se recorrerá aos bancos nin aos empréstitos. As persoas que desexen sumarse a este proceso só teñen que cubrir o formulario que aparece na páxina web www.xulio2019.gal/#sumaste.