Saltar ao contido
Mesa de son nun concerto

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

A Marea Atlántica pide que o goberno municipal explique a situación contractual na que quedan as empresas e profesionais que foron contratados para as Festas de María Pita e o Festival do Noroeste e que viron o seu traballo suspendido por mor das novas medidas preventivas aplicadas pola Xunta de Galicia, sen posibilidade de reubicación ou reprogramación.

O sector da cultura é un dos máis afectados pola pandemia e é preocupante que o Concello identifique a cultura co ocio nocturno.

A Marea Atlántica reclama ao goberno municipal que aclare os motivos polos que as empresas e profesionais contratados para a celebración do Festival do Noroeste e as Festas de María Pita aínda non foron informados das condicións nas que quedaron suspendidas as súas actuacións e contratacións, tralo anuncio da Xunta de Galicia das novas medidas preventivas a aplicar na cidade da Coruña e a súa área metropolitana por mor do aumento de casos de COVID-19. 

Sempre poñendo a saúde diante e tendo en conta a normativa polo DOG, faise máis patente a delicada situación do sector da cultura na cidade, por mor da pandemia para o que este festival viña a dar algo de alivio, e máis dende o recorte de 700.000 euros no orzamento do IMCE.

Dende a Marea Atlántica tívose coñecemento de que este pasado venres, horas despois de que o Conselleiro de Sanidade anunciase as novas medidas preventidas para a cidade da Coruña e a área sanitaria Coruña-Cee, as diferentes empresas e profesionais implicados na programación cultural tanto do Festival do Noroeste como das Festas de María Pita recibiron diferentes chamadas telefónicas dende o Concello. Nestas conversas explicábaselles que non ían poder desempeñar o seu labor, mesmo en moitos casos despois de ter feito montaxes e probas de son horas antes, sen aclarar se o seu traballo será remunerado ou se percibirán indemnización algunha ao respecto.

“Preocúpanos a identificación que dende o Concello da Coruña se fai da cultura coma ocio nocturno sen ter en conta que o propio DOG publicado o venres, no que se recollen as medidas preventivas especiais que se deben aplicar na cidade e área metropolitana si permitía a celebración de ditos eventos.” comenta a voceira María García e continúa: “Nas medidas especiais a aplicar contémplase que as actividades culturais ao aire libre poden celebrarse igualmente, con permiso da Xunta e cun aforo máximo de 300 persoas mantendo as medidas sanitarias e de distancia xa aplicadas ata o de agora.” 

O sector cultural, e concretamente o musical, está a ser un dos grandes damnificados pola crise sanitaria e social da COVID-19 e dende a Marea Atlántica queremos amosarlle todo o noso apoio e esixir aclaracións ao goberno de Inés Rey. Consideramos que a suspensión da programación musical da cidade, sen data alternativa nin posibilidade de reubicación en novos espazos da cidade reacondicionados coas medidas preventivas axeitadas ou sen alternativas coma a emisión por streaming, evidencia unha vez máis a falta de previsión organizativa e política coa que o PSOE da Coruña traballa en materia de cultura. Cremos, ademais, que o Concello da Coruña fracasou nestes cinco meses en atopar e ofrecer alternativas para ofrecer á cidade da Coruña e aos profesionais do sector solucións e propostas para a celebración de eventos culturais e musicais sen pór en risco a saúde pública e que, unha vez máis, queda claro o escaso interese que para o PSOE da Coruña ten o sector cultural da cidade e a veciñanza.

[/fusion_text][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Sendo conscientes de que a crise sanitaria da COVID-19 e a súa incidencia na nosa cidade requiren de medidas sanitarias específicas e dun reforzo no compromiso de toda a veciñanza, non podemos permitir que volva ser o sector cultural quen padeza en primeira liña a toma de decisións arbirtrarias e oportunistas do PSOE local. Como vimos de reivindicar na inauguración da Feira do Libro na pasada semana, en boca do noso vicevoceiro Iago Martínez: “Cultura e saúde pública deben ser compatibles. A cultura combina con todo.”

[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”9118|medium” max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”none” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2020/08/feira-libro-20-300×200.jpg[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

A Marea Atlántica insta ao goberno de Inés Rey a aclarar as condicións nas que foron suspendidos o Festival do Noroeste e as Festas de María Pita