Saltar ao contido

“O noso desafío é unir dúas loitas: a loita local, o circuíto curto, o #municipalismo libertario e a loita contra o proxecto de dominación da globalización”

O martes 30 de outubro, tivemos con nós a Marcos Sorrentino, profesor de Ciencias Forestais na Universidade de São Paulo e ex director de Educación Ambiental no Ministerio de Medio Ambiente do Brasil, de 2003 a 2008, nos gobernos de Lula. Na súa voz escoitamos as leccións aprendidas no Brasil, dous días despois da triste victoria de Bolsonaro:  “A ultradereita está traballando na segmentación da sociedade. Están chegando a nós coas fakenews cunha eficiencia maior da que nunca tiveron. Para combatelas, necesitamos educación popular”.

Sorrentino explicounos como a alianza das forzas mediáticas, xudiciais e políticas reaccionarias coas elites económicas empregou todas as súas armas para deter o proceso de cambio no Brasil iniciado por Lula e continuado por Dilma. Unha alianza que non é descoñecida nestas terras. ”

Dqx_2CNX4AAHGbB

A unión do local e o global

E como combaterlo? Segundo o profesor Sorrentino, “o desafío é unir dúas loitas: a loita local, o circuíto curto, o libertario e a loita contra o proxecto de dominación da globalización”. É o camiño no Brasil e en todo o mundo, se queremos parar á ultradereita. Porque agora mesmo “o medo que sentimos nos anos 80, cando asasinaron a Chico Mendes por defender o Amazonas é o medo que volvemos sentir agora con Bolsonaro”.

Neste sentido, declarouse coñecedor da experiencia municipalista da Marea Atlántica e púxoa como exemplo de como as políticas locais poden ser beneficiosas para a sociedade, sobre todo no eido ambiental “como vemos nas ecohortas xestionadas directamente pola cidadanía”.

A situación política do Brasil: unha conversa con Marcos Sorrentino